Dawn Fraser, nada en Sydney o 4 de setembro de 1937, é unha nadadora e política australiana, campioa olímpica na mesma proba (100 metros libres) en tres Xogos Olímpicos.Dawn Fraser . sports-reference.com
Traxectoria Primeiros anos Fraser naceu no suburbio de Balmain, Nova Gales do Sur, no seo dunha familia pobre de clase traballadora, a máis nova de oito irmáns. O seu pai, Kenneth Fraser, era de Embo, Escocia. Foi descuberta aos catorce anos polo adestrador de Sydney, Harry Gallagher, nadando nos baños mariños locais.
Carreira deportiva Fraser gañou oito medallas olímpicas (catro delas de ouro) e seis medallas de ouro nos Xogos da Commonwealth. Mantivo o récord dos 100 metros estilo libre durante 15 anos, desde o 1 de decembro de 1956 ata o 8 de xaneiro de 1972. Foi a primeira dos só catro nadadores da historia olímpica (os demais foron Krisztina Egerszegi, Michael Phelps e Katie Ledecky) que gañou medallas de ouro individuais na mesma proba en tres Xogos Olímpicos sucesivos (100 metros estilo libre en 1956, 1960, 1964).
En outubro de 1962, converteuse na primeira muller que nadou os 100 metros estilo libre en menos dun minuto. Non foi ata 1972, oito anos despois de que Fraser se retirase, cando se bateu a súa marca de 58,9 segundos.
Varias semanas antes dos Xogos Olímpicos de 1964, Fraser resultou ferida nun accidente de tráfico que provocou a morte da súa nai Rose. A súa irmá e un amigo tamén viaxaban no coche de Fraser cando se estrelou, mais sobreviviron. Esta foi unha nova traxedia para Fraser e a súa familia despois da morte do seu irmán máis vello por leucemia en 1950, e a do seu pai despois dunha longa batalla contra o cancro en 1960.
Controversia Durante os Xogos Olímpicos de 1964 en Tokyo, Fraser enfureceu os patrocinadores do equipo de natación e a Unión Australiana de Natación (ASU) ao marchar na cerimonia de apertura en contra dos seus desexos, e vestindo un traxe de baño máis vello na competición, xa que o atopaba máis cómodo que o que lle proporcionaron os patrocinadores. Tamén foi acusada de roubar unha bandeira olímpica dunha hasta do exterior do palacio do emperador Hirohito, o Kōkyo. Foi detida mais liberada sen cargos. Ao final entregáronlle a bandeira como recordo. Máis tarde, ela negou que nadase polo foso para roubar a bandeira, e dixo a The Times en 1991: "Non hai maneira de que nadase por ese foso. Tiña medo da auga sucia e ese foso estaba sucio. Non habería forma de que metese unha deda alí".Orixinal en inglés: "There's no way I would have swum that moat. I was terrified of dirty water and that moat was filthy. There's no way I'd have dipped my toe in it." A Asociación Australiana de Natación Afeccionada prohibiu a Fraser competir en natación durante dez anos.
En 1997, Fraser dixo na ABC:
Tamén manifestou o seu interese en unirse ao One Nation Party de Hanson.
En 2015, durante unha entrevista no programa Today, Fraser foi preguntada sobre o comportamento recente de Nick Kyrgios en Wimbledon e os comentarios de Bernard Tomic sobre Tennis Australia, o que provocou que Tomic fose apartado do equipo da Copa Davis. Fraser dixo:
Kyrgios é de ascendencia malaia e grega, mentres que Tomic é de orixe croata. Kyrgios respondeu describíndoa como unha "racista flagrante" e os comentarios de Fraser foron criticados polo Comisario de Discriminación Racial de Australia, Tim Soutphommasane. Fraser pediu desculpas "sen reservas" polos seus comentarios.
Despois da natación Fraser converteuse en cantineira do Riverview Hotel de Balmain, e comezou a adestrar nadadores. En 1988, foi elixida como independente na Asemblea Lexislativa de Nova Gales do Sur por Balmain. Ese distrito electoral foi suprimido en 1991, e despois de que non conseguise obter o novo escano de Port Jackson, retirouse da política. Fraser é seareira e membro da directiva do club da NRL Wests Tigers.The Australian
Vida persoal Fraser casou con Gary Ware o 30 de xaneiro de 1965 na igrexa de St Stephens, Macquarie Street, Sydney. O matrimonio durou pouco. Tivo unha filla nese matrimonio. Trasladouse a vivir a Noosa na Sunshine Coast de Queensland por ter un clima máis cálido e subtropical por mor da severa asma de Fraser.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Australian Olympic Committee Páxina oficial
Categoría:Nados en Sidney Categoría:Nados en 1937 Categoría:Nadadores olímpicos de Australia Categoría:Medallistas olímpicos de ouro por Australia Categoría:Medallistas olímpicos de prata por Australia Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1956 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1960 Categoría:Medallistas nos Xogos Olímpicos de 1964 Categoría:Medallistas olímpicos en natación Categoría:Políticos de Australia