Ojete Calor é un dúo musical formado polos actores e cómicos Carlos Areces e Aníbal Gómez. Insírense dentro do xénero "subnopop", termo acuñado polo dúo. Nas súas cancións destacan as bases de música electrónica e as letras irónicas e descaradas con retrousos repetitivos, polo que afirman que no "subnopop" non cómpre cantar ben nin ser bo músico.

Traxectoria O seu primeiro éxito foi a canción "Cuidado Con el Cyborg (Corre, Sarah Connor)", publicada no ano 2013, á que lle seguiron outras estreadas en programas de televisión ou en YouTube. Contan con dous álbums publicados: Delayed (2013) e Pataky (2017).

Discografía

Álbums de estudio Delayed (2013) Pataky (2017)

Sinxelos

"Cuidado Con el Cyborg (Corre, Sarah Connor)" (2013) "Ojete Calor" (2013) "0'60" (2013) "Viejoven" (2014) "Se Tiene Que Ir Ya" (2015) "Tonta Gilipó" (2016) "Madrid-Bilbao-Bollo" (2016) "La Gente Mala" (2017) "Qué Bien Tan Mal" (2017) "Vete A Tu Casa (Freed From Desire)" (2017) "Opino De Que" (2017) "Vintage" (2018) "Mocatriz" (2019) "Agapimú" (colaboración con Ana Belén, 2020) "Gente Que Imita Mal Los Acentos" (2020) "Morreo" (colaboración con The Calorettes, 2022)

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial da banda

Categoría:Grupos musicais de España Categoría:Grupos musicais formados en 2013