Xesús de Nazaré é un lugar da parroquia de Bóveda no concello lugués de Lugo na comarca de Lugo. Segundo o Instituto Galego de Estatística, en 2024 tiña 37 habitantes (21 homes e 16 mulleres).
Historia O lugar naceu a finais de 1973 como un poboado de chabolas en terreos municipais para albergar as persoas xitanas que a finais da década de 1950 chegaran á cidade de Lugo e comezaran a asentarse en Fingoi. O lugar coñecíase en orixe como poboado do Carqueixo pola proximidade a esoutra aldea. O concello construíu vivendas e urbanizou o lugar, que pasou a nomearse como Nazaré en referencia á cidade israelí de Nazaré, onde segundo a tradición pasou a súa infancia Cristo. Na década de 1980 construíuse unha escola.
En decembro de 2003 vivían alí 225 persoas. As vivendas derrubáronse anos despois, e a poboación foi realoxada en diferentes lugares da cidade de Lugo, se ben o lugar seguiu a ser habitado.
Lugares e parroquias Lugares de Bóveda
Parroquias de Lugo
Notas
Categoría:Lugares de Lugo