Terramex é un videoxogo desenvolvido por Teque Software en 1987, fixéronse versións para Amiga, Amstrad CPC, Atari ST, Commodore 64, MSX e ZX Spectrum.
O profesor Renegade predicira tempo atrás que un meteorito xigante viña directo cara a Terra e que el podía facer unha máquina para destruilo, os seus colegas non lle fixeran caso e agora están arrependitos ó comprobar que o meteorito estaba a piques de impactar coa terra. Para atopalo xúntanse cinco grandes exploradores, quen deciden que tan só un deles debe ir ó rescate do profesor e axudalo a construír a máquina. Polo tanto para iniciar o xogo podemos decidir entre un deses cinco exploradores, que ten que ir recollendo obxectos e evitar os seres que habitan os camiños, a principal diferenza entre os exploradores está na tarefa a realizar para conseguir a fórmula que permita a construción da máquina.
Exploradores Herr Krushe, alemán Wu Pong, xaponés Fostique-Smithe, inglés Henri Beaucoup, francés Big John Caine, americano
Perigos Planta carnívora, o seu contacto é mortal Serpes, saltan sobre o explorador e o afogan Morcegos, tan só hai que esquivalos Pingas de auga Charlys, monstros coa cabeza unida ás patas Torradoras, móvense en círculos Ollos tolos, o seu contacto é mortal agás na pantalla de gravidade
Categoría:Videoxogos