A información confidencial, ás veces chamada información sensíbel ou información delicada, é a información persoal ou coñecemento dunha persoa, entidade ou organismo que, de ser divulgada, podería provocar a perda dunha vantaxe ou nivel de seguridade da mesma persoa, entidade ou organismo.
Características É información puramente particular, como por exemplo a relacionada co comportamento privado dunha persoa (particular ou representante dunha entidade), as súas opinións ou as súas opcións relixiosas ou sexuais.
A perda, abuso, modificación ou acceso non autorizado á información confidencial pode afectar negativamente á privacidade, aos segredos comerciais ou mesmo á seguridade dos asuntos internos e externos dun estado, dependendo do nivel de confidencialidade e da natureza da información. A información confidencial pode ser ou non información clasificada.
Termos Información sensíbel é tradución directa do inglés sensitive information. En diversas linguas traduciuse ou adaptouse o termo como sinónimo de información confidencial; así en portugués é dado sensível ou informação sensível, en castelán información sensible ou información delicada e en francés information sensible ou donée sensible. Porén, en inglés confidential information utilízase nun sentido xeral para referirse á información á que o acceso está suxeita a restricións e sentitive information a aquela información persoal que a súa divulgación pode ter un efecto negativo sobre o seu propietario.
Aínda que adoitan usarse indistintamente, a información persoal ás veces distínguese da información privada ou da información de identificación persoal. Este último termo é distinto do primeiro en que a información privada pode utilizarse para identificar un individuo único. A información persoal, por outra banda, é información relacionada coa vida privada dun individuo que non se pode utilizar para identificar de forma única a ese individuo. Isto pode variar desde a cor favorita dun individuo até os detalles da súa vida doméstica.
Protección Algúns tipos de información privada, incluídos os rexistros de saúde, educación e emprego dunha persoa, poden estar protexidos polas leis de privacidade. A divulgación non autorizada de información privada pode someter o agresor a recursos civís e, nalgúns casos, pode estar suxeita a sancións penais.
Información dixital sensíbel A seguridade informática é a seguridade da información aplicada á informática e á tecnoloxía de redes, e é un campo en constante crecemento. O termo inseguridade informática, pola súa banda, é o concepto de que os sistemas informáticos son intrínsecamente vulnerábeis aos ataques e, polo tanto, un conflito en evolución entre os que explotan as vulnerabilidades existentes nos sistemas de seguridade e os que deben crear novos mecanismos de seguridade.
Nos últimos anos xurdiron unha serie de problemas de seguridade, xa que a cantidade crecente de información sensíbel a todos os niveis atopou a súa existencia principal en formato dixital. A nivel persoal, a fraude con tarxeta de crédito, a fraude por Internet e outras formas de roubo de identidade convertéronse en preocupacións xeneralizadas das que os individuos deben ter en conta no día a día. A existencia de grandes bases de datos de información clasificada nas redes informáticas tamén está a cambiar a face da política interna e internacional. A Guerra cibernética e a Espionaxe cibernética están cobrando cada vez máis importancia para a seguridade nacional e a estratexia das nacións de todo o mundo, e calcúlase que 120 estados-nación de todo o mundo están actualmente implicadas activamente no desenvolvemento e implantación de tecnoloxía para estes fins.Brodkin, J. "Os ciberataques patrocinados polo goberno están en aumento, di McAfee" Mundo en rede: 29 de novembro de 2007. Consultado o 9 de febreiro de 2013.
Filosofías e culturas de Internet como o desenvolvemento de software de código aberto, o hacktivismo e o popular slogan "a información quere ser libre" reflicte algúns dos cambios culturais na percepción cara ao segredo político e do goberno. O popular e controvertido WikiLeaks é só unha das moitas manifestacións dun crecente sentimento cultural que se está a converter nun desafío adicional para a seguridade e integridade da información clasificada.Ludlow, P. .com/article/154780/wikileaks-and-hacktivist-culture# "WikiLeaks and Hacktivist Culture"] The Nation: 15 de setembro de 2010. Consultado o 9 de febreiro de 2013.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos Información persoal Hacker Cracker Phishing Espionaxe WikiLeaks
Ligazóns externas
ISOO CIA FBI Security Clearance FAQ A información está "nas nubes" (Revista Consumer)
Categoría:Seguridade de datos