miniatura|437x437px|Cadro expositor das moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico.Todd, Frank Morton (1921). The Story of the Exposition. Vol. IV. Putman's sons, Nova York. 1921. Páxina 118 bis. As moedas conmemorativas da Exposición Panamá-Pacífico son unha serie de cinco pezas emitidas en prata e en ouro pola Casa da Moeda dos Estados Unidos con ocasión da Exposición Internacional Panamá-Pacífico de San Francisco, en 1915.

As cinco moedas están cuñadas na Ceca de San Francisco e a emisión incluíu pezas redondas e octogonais de 50 dólares. Agás as actuais moedas de investimento, estas dúas pezas, cuñadas en ouro, son as de maior valor facial emitidas nos Estados Unidos, e a moeda de forma octogonal é a única moeda deste país que non é redonda.

En xaneiro de 1915, o Congreso aprobou unha lei pola que se autorizaba a emisión de moedas de medio dólar de prata, un dólar de ouro, 2½ dólares de ouro e as devanditas dúas moedas de 50 dólares de ouro. Logo de que a Casa da Moeda lle propuxese a algúns artistas que achegasen os seus modelos, o secretario do Tesouro William G. McAdoo rexeitou inicialmente todas as propostas, aínda que finalmente se aceptaron os deseños de Robert I. Aitken para as dúas pezas de 50 dólares e de Charles Keck para o dólar de ouro. Do deseño das moedas de medio dólar de prata e de 2½ dólares de ouro encargouse directamente o daquela gravador xefe da Casa da Moeda dos Estados Unidos, Charles E. Barber, coa participación do seu asistente, George T. Morgan.

A comercialización destas moedas conmemorativas encomendóuselle ao numismático Farran Zerbe. A serie non gozou de moita aceptación e a súa venda non foi a esperada, polo que moitas das moedas cuñadas foron devoltas á Casa da Moeda para a súa refundición. Só se distribuíron comercialmente unhas poucas centenas de cada unha das pezas de 50 dólares, o que as converteu nas moedas conmemorativas de menor tiraxe dois Estados Unidos. Os seus prezos no mercado numismático roldan os 200.000 dólares, en función do seu estado de conservación.

Contexto histórico-numismático miniatura|273x273px|O numismático Farran Zerbe, comisionado para a comercialización das moedas. En 1904, o comerciante de San Francisco Rueben Hale propuxo unha exposición na súa cidade natal para celebrar en 1915, en conmemoración tanto da apertura da Canle de Panamá como do 400 aniversario de Vasco Núñez de Balboa, o primeiro europeo coñecido en ver o océano Pacífico desde as Américas. Aínda que o terremoto e o incendio de San Francisco de 1906 supuxeron inicialmente unha eiva momentánea para estes plans, ao final acabaron por provocar unha recadación extraordinaria de fondos, xa que moitas das persoas máis ricas de California prestaron apoio financeiro e o Estado decidiu igualar as doazóns privadas na mesma cantidade; ademais, en 1911 o presidente William Howard Taft seleccionou a San Francisco sobre a cidade coa que competía, Nova Orleáns, para albergar unha gran feira.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 261-262.

A Exposición Internacional Panamá-Pacífico, construída en San Francisco xunto ao estreito Golden Gate, tivo un custo de 50 millóns de dólares e estivo aberta desde o 20 de febreiro ata o 4 de decembro de 1915.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 32-33. A exposición acadou un éxito notable e a ela asistiron arredor de 19 millóns de persoas,Flynn, K. (2008). Páxina 220. o que xerou uns beneficios suficientes como para construír o Auditorio Cívico de San Francisco, cun custo próximo ao millón de dólares.Burdette, R. W. (2007). Páxina 266. O Palacio de Belas Artes foi o único edificio construído para a exposición que se mantivo en pé ata os nosos días."San Francisco Proudly Re-Opens Doors to the Palace Of Fine Arts". California Historical Society. 3 de decembro de 2014.

As moedas conmemorativas que se decidiu facer para promover e financiar economicamente este evento non se comercializaron a través da propia Casa da Moeda, como ocorrería en ocasións posteriores, senón que a lei que autorizou a súa emisión prevía o nomeamento dunha entidade que llas adquirise á Casa da Moeda ao seu valor nominal e llas vendese posteriormente ao público cunha prima, para así recadar fondos.Slabaugh, A. R. (1975). Páxinas 3-5. Entre os que impulsaran no pasado outros eventos conmemorativas e xa participaran na venda das súas respectivas emisións de moedas conmemorativas atopábase Farran Zerbe, un promotor e coleccionista numismático que en 1914 accedera ao cargo de presidente da Asociación Numismática Estadounidense. Zerbe era un persoeiro controvertido —algúns pensaban que as moedas en cuxa venda participara anteriormente se venderan a prezos inflados—, aínda que era un gran promotor da afección á numismática coa súa exposición itinerante Money of the World ("Diñeiro do mundo"), que finalmente acabou formando parte do Museo Numismático Chase Manhattan.Flynn, K. (2008). Páxina 217.Bowers, Q. D. (1992). Páxinas 603-504.

Lexislación miniatura|256x256px|O senador James Edgar Martine (ca. 1915), impulsor da lexislación que autorizou a emisión conmemorativa. A mediados de 1914 presentáranse varias propostas de moedas conmemorativas, aínda que a US Mint non levara a cabo ningunha emisión deste tipo desde 1905. Unha destas propostas, patrocinada polo senador de Nova York Elihu Root, apostaba por unha moeda dun cuarto de dólar conmemorativo simultaneamente dun século de paz e da apertura da Canle de Panamá en agosto de 1914.Swiatek, A.; Breen, W. (1981). Páxina 190. Presentáronse senllos proxectos de lei que solicitaban moedas para conmemorar e colaborar no financiamento da Exposición Panamá-Pacífico: unha por parte do congresista californiano Julius Kahn, o 3 de xuño de 1914,Burdette, R. W. (2007). Páxina 269. e outra polo senador por Nova Jersey James E. Martine, o 6 de xullo do mesmo ano. Neste último proxecto de lei propúñase a cuñaxe de dúas moedas con valor facial de 50 dólares —unha redonda e outra octogonal—, ademais dunha de 2½ dólares e outra dun dólar de ouro, e finalmente outra de medio dólar de prata."63 S. 6039 Introduced in Senate". United States Senate. 6 de xullo de 1914. As pezas octogonais estaban concibidas para lembrar as emisións privadas de moedas de 50 dólares con esta forma realizadas durante a febre do oro de California.Swiatek, A. (2012). Páxinas 86, 89.

O proxecto de lei presentado por Martine foi aprobado polo Senado dos Estados Unidos o 3 de agosto, logo de pasar o respectivo trámite na Comisión de Exposicións Industriais. A única obxección que recibiu foi de procedemento, xa que o senador por Utah Reed Smoot consideraba que o proxecto debería ter recibido previamente a aprobación da Comisión de Banca e Moeda do Senado, ou ben pola Comisión de Finanzas desta cámara. No entanto, nin Smoot nin ningún outro senador se opuxeron ao proxecto de lei, que segundo Martine contaba tamén co apoio do secretario do Tesouro, William G. McAdoo.1914 Congressional Record. Vol. 60. Páxinas 13113-13114.

O día seguinte, o proxecto de lei foi enviado para o seu trámite na Cámara de Representantes, en concreto na súa Comisión de Moedas, Pesos e Medidas. Desta comisión saíu o 1 de setembro de 1914, con varias emendas, unha das cales aumentaba a tiraxe autorizada combinada das dúas moedas de 50 dólares, das 2.000 inicialmente propostas a 3.000."Union Calendar No. 324 S. 6039". United States House of Representatives. 1 de setembro de 1914. A Cámara de Representantes tomou en consideración o proxecto de lei e aprobouno o 4 de xaneiro de 1915, despois de que o senador Julius Kahn propuxese con éxito unha nova emenda, de rango menor.1915 Congressional Record. Vol. 61. Páxina 934. O Senado asumiu as emendas da Cámara de Representantes e aprobou o proxecto de lei sen máis obxeccións,1915 Congressional Record. Vol. 61. Páxinas 1012-1013. e o presidente Woodrow Wilson asinouno o 16 de xaneiro de 1915, para o converter así na Lei 66-233."38 Stat. 793 (Pub. Law 63-233)". U.S. Statutes at Large."Panama-Pacific International Exposition Commemorative Coin Legislation". United States Mint.

Preparación miniatura|248x248px|George E. Roberts, director da Casa da Moeda dos EEUU en 1914 Ao pouco de se presentar no Congreso o primeiro dos proxectos de lei — o de Julius Kahn— en xuño de 1914, o director da Casa da Moeda dos EEUU, George E. Roberts, comezou a facer as primeiras xestións informais para ir preparando a emisión conmemorativa. Este proxecto prevía catro deseños de moedas e unha medalla conmemorativa destinada á súa venda aos asistentes á feira, ademais doutra medalla como premio para recoñecer os mellores expositores. Todas estas pezas deberían ser cuñadas pola Casa da Moeda dos Estados Unidos e Roberts solicitoulle á Comisión de Belas Artes que lle recomendase algúns artistas. Entre as propostas desta comisión estaban Adolph A. Weinman —quen deseñaría a moeda de dez centavos Mercury e o medio dólar Walking Liberty en 1916— e Bela L.Pratt —autor da serie de moedas de ouro de 1908 Indian Head—, ademais doutros artistas como Evelyn Longman, Robert I. Aitken, Charles Keck e Paul Manship.Taxay, D. (1967). Páxinas 24-26.

O director Roberts tomou contacto con varios destes artistas e achou a Robert I. Aitken interesado na creación das pezas de 50 dólares. Mais estes primeiros contactos con Aitken para as grandes moedas de ouro, e tamén con James Earl Fraser —o autor dos 5 centavos Buffalo— para a medalla do premio remataron axiña, cando Roberts renunciou en novembro do seu posto como director para aceptar un traballo no sector bancario. Así as cousas, o secretario do Tesouro McAdoo nomeou interinamente a Frederic Dewey como director da US Mint, e os preparativos informais que se estaban a levar a cabo case se detiveron ata que o Congreso lle deu o visto e prace ao proxecto de lei presentado por James E. Martine a principio de xaneiro de 1915. Logo do seu paso por ambas as cámaras e cando estaba á espera da súa sinatura polo presidente, Dewey organizou unha reunión en Nova York cos artistas Aitken, Keck, Longman e Manship. A lei que autorizaba a emisión das moedas requiría que a Casa da Moeda comezase a entregar moedas cuñadas antes da data de apertura da exposición, prevista para o 20 de febreiro de 1915, polo que a ceca debería actuar con moita rapidez. McAdoo aprobou as opcións de Aitken para as moedas de 50 dólares, de Longman para os 2½ dólares, de Keck para o dólar de ouro e de Manship para o medio dólar de prata o 21 de xaneiro. Os catro artistas xa estaban a traballar, e Aitken respondeu á comunicación da súa contratación presentando uns deseños que eran similares aos das moedas circulantes existentes.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 270-274. miniatura|220x220px|Charles E. Barber, gravador xefe da US Mint. O 29 de xaneiro de 1915, os catro artistas presentaran xa algúns moldes de bronce das súas propostas. Dewey remitiullos a McAdoo e este pediu consello á Comisión de Belas Artes —que foi favorable—, ao seu secretario adxunto, William Malburn —desfavorable— e ao gravador xefe da Casa da Moeda, Charles E. Barber e a outros empregados da ceca, que achegaron as súas suxestións. McAdoo ordenara á Casa da Moeda que tivese preparados deseños alternativos para todas as moedas da serie, e Charles E. Barber púxose ao labor, comezando co medio dólar de prata. O día 5 de febreiro, McAdoo emitiu un curto comunicado no que rexeitaba as propostas feitas polos catro artistas externos á Casa da Moeda, sen xustificar esta inesperada decisión.Burdette, R. W. (2007). Páxinas 275-281. A este respecto, os investigadores Anthony Swiatek e Walter H. Breen, no seu traballo sobre moedas conmemorativas estadounidenses, afirman que a oposición do secretario adxunto de McAdoo, Malburn, foi decisiva nesa decisión.