Zidantas I, rei dos hititas, gobernou durante un período de tempo indeterminado, aproximadamente na década de -1550. Traxectoria Xenro do seu antecesor, Hantilis I, participou no asasinato de Mursilis I que permitiu ao seu sogro alcanzar o poder. Transcorridos trinta anos de reinado de Hantilis I, asasinou a este e a algúns dos seus descendentes para alcanzar o trono hitita.
Non se coñece moito do seu reinado, xa que non quedaron probas documentais e foi rapidamente asasinado polo seu fillo, Ammunas.
Categoría:Imperio Hitita Categoría:Hititas Categoría:Reis dos hititas