Mouruás é un lugar da parroquia de San Xoán de Río, no concello ourensán de San Xoán de Río, na comarca da Terra de Trives. Segundo o IGE, en 2023 tiña 22 habitantes (12 homes e 10 mulleres).

Patrimonio Na Pena dos Castros atopouse en 1967 a espada de Mouruás, unha espada pistiliforme da idade de bronce, conservada actualmente no museo de Ourense.

Mouruás posúe unha ermida de estilo barroco, na que o 25 de xullo se celebra a festa no honor de Santiago Apóstolo. En tempos celebrouse a batalla de Mouros e Cristiáns, recuperada a mediados da década de 1980 e desaparecida de novo logo de dous anos.

En 1931 tomou posesión como mestre tras aprobar as oposicións Juan Alcaide Sánchez, o poeta español da generación del 36. Na escola de Mouruás, xa desaparecida, exerceu durante 3 anos, ata o seu traslado a Puerto Lápice.

Mouruás é coñecido pola súa panadería, na que se elaboran bicas e empanadas.

Galería de imaxes

Lugares e parroquias Lugares de San Xoán de Río

Parroquias de San Xoán de Río

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lugares de San Xoán de Río

Categoría:Lugares de San Xoán de Río