Hernán Pérez Cuesta, nado en Oviedo o 2 de outubro de 1981 é un exfutbolista e adestrador español.

É irmán do exfutbolista internacional Michu.

Traxectoria

Como xogador Como futbolista formouse nas categorías inferiores do Real Oviedo e pasou por diferentes clubs asturianos como o Universidad de Oviedo, o Avilés Industrial, o Lealtad ou o Caudal. Disputou máis de 300 partidos entre a Segunda División B e a Terceira División

Como adestrador Comezou a súa carreira de adestrador como axudante de Javi Rozada no Lealtad, co que logrou o ascenso á Segunda División B. Xa como primeiro adestrador dirixiu os xuvenís do Real Oviedo na tempada 2014/15, acadando a cuarta posición do grupo 1 da División de Honra, máxima categoría do fútbol xuvenil español.

Para a seguinte tempada fichou polo UP Langreo, logrando nas súas tres primeiras campañas (2015/16, 2016/17 e 2017/18) a clasificación para a fase de ascenso a Segunda B. Na terceira delas conseguiu subir á categoría de bronce, despois de derrotar sucesivamente a Alondras, Náxara e Orihuela. Na 2018/19, xa en Segunda División B, a UP Langreo rematou a competición nun meritorio noveno posto, logrando ademais a clasificación para a Copa do Rei.

Durante a tempada 2019/20 adestrou ao Barakaldo na Segunda B, co que rematou a liga fóra dos postos de descenso cando a competición foi suspendida debido á pandemia de COVID-19. Para a tempada 2020/21 incorporouse ao Unionistas de Salamanca, tamén da Segunda B. O club salmantino, a pesar de ter o orzamento máis baixo do subgrupo, conseguiu ser campión de inverno e trala segunda volta acabou en segunda posición, logrando a clasificación para a fase de ascenso a Segunda. Non conseguiu subir á categoría de prata pero o equipo obtivo o pase á nova Primeira División RFEF.

Na tempada 2021/22 pasou a adestrar o equipo xuvenil do Real Madrid. Gañou a Copa do Rei Xuvenil e rematou na segunda posición do seu grupo da División de Honra, por detrás do Atlético de Madrid.

O 16 de xuño de 2022 asinou como novo adestrador do Lugo, da Segunda División. Debutou na categoría de prata cunha derrota ante o Albacete e tivo que esperar ata a terceira xornada para conseguir a súa primeira vitoria, ante o Leganés. Os malos resultados obtidos dende entón, fixeron que fose destituído por Tino Saqués o 21 de novembro, despois de que o equipo caese goleado por 4-0 na súa visita a Andorra. O balance dos seus cinco meses no cargo foi de 3 vitorias e 5 empates en 17 partidos oficiais.

Notas

Categoría:Nados en 1981 Categoría:Nados en Oviedo Categoría:Futbolistas de Asturias Categoría:Centrocampistas de fútbol Categoría:Xogadores do CD Lealtad Categoría:Xogadores do Real Oviedo B Categoría:Xogadores do Astur CF Categoría:Xogadores do Real Avilés CF Categoría:Xogadores do Caudal Deportivo Categoría:Xogadores do CD Covadonga Categoría:Adestradores do UP Langreo Categoría:Adestradores do Barakaldo CF Categoría:Adestradores do Unionistas de Salamanca Categoría:Adestradores do CD Lugo