O sufixo -aría recibiu a consideración formal de preferencia fronte a -ería na reforma das normas do galego levada a cabo pola RAG e o ILG en 2003.
Historia e características Procede da mesma forma latina -aria(m), polo que se considera que as palabras de orixe latina que o conteñen son cultismos. O seu uso ten un rendemento relativo baixo en galego, debido á competencia que sofre pola similitude semántica con -ería, que é patrimonial e de moito máis rendemento. A continuación resúmese unha análise das palabras do VOLG que permitan claramente a análise morfolóxica deste sufixo.
Corpus As palabras consideradas no VOLG que rematan pola secuencia -aría son as 148 seguintes: albanelaría albeitaría alcaiotaría arcabuzaría armaría arquiconfraría artillaría avaría avemaría barbaría baría beataría bestaría bicharía bioenxeñaría botellaría boubaría bruxaría buxaría cabalaría cachotaría cafetaría caldeiraría camaradaría camisaría cantaría carnizaría carpintaría casaría cativaría cazaría cazurraría ceraría cervexaría cestaría cetraría chancelaría charlatanaría chocolataría chularía churrascaría coitelaría colchoaría comisaría concellaría confeitaría confraría consellaría conserxaría cordoaría cristalaría dataría depositaría destilaría dozaría drogaría drudaría ebanistaría enfermaría enxeñaría falcoaría feitizaría ferraría ferraxaría ferretaría floraría fontanaría francmasonaría froitaría fusilaría gandaría gardaría gravataría grosaría herboristaría hetaría hostalaría imaxinaría infantaría lampistaría lavandaría lazaría leitaría lenzaría leprosaría libraría lotaría manteigaría maría marmoraría marquetaría marroquinaría masonaría meigaría minaría moblaría montaría mouraría notaría olaría ourivaría panadaría papelaría paquetaría parzaría pasamanaría pastelaría pedraría peixaría peletaría penitenciaría perfumaría pirataría pizzaría portaría pradaría prataría puntaría putaría queixaría rataría raxaría refinaría reloxaría repostaría romaría secretaría sillaría socarronaría sombreiraría subsecretaría tafuraría talabartaría tapizaría tesouraría testamentaría tinturaría tolaría vigairía vidraría xardinaría xastraría xeadaría xendarmaría xograría xoiaría xudaría zapataría
Datos analizables e anomalías Destas formas dadas pódense analizar con relativa facilidade determinados elementos. Ante todo, pódese analizar por separado a base e o derivado. Tanto bases coma derivados vanse analizar en concreto dende os seguintes tres parámetros: semántico; morfolóxico (obviamente co presuposto de que son prototipicamente derivados de base latina + -aría); sintáctico, é dicir a súa categoría gramatical;
Porén, destes 148 derivados, hai certos casos que non se van contemplar inicialmente (de momento, pois futuras análises investigarán sobre cadansúas clasificacións), pois presentan problemas: de falla de interpretación semántica transparente por parte dun falante común. Isto débese a que o VOLG é simplemente un repertorio léxico e non dá especificacións semánticas dos termos listados. Estes casos son: baría puntaría dataría grosaría hetaría comisaría avaría avemaría maría de delimitación morfolóxica polo mesmo motivo: un falante nativo que non poida concretar o significado dunha palabra tampouco poderá aclarar o proceso de formación en función da base, por non coñecer nin sequera o significado do derivado. Ós casos anteriores hai que engadirlles, por falla de coñecemento da base en relación ó léxico do galego común da actualidade: artillaría boubaría buxaría carpintaría cetraría drudaría lampistaría marquetaría marroquinaría putaría raxaría repostaría talabartaría vigairía Partindo destes datos, a análise das bases resulta moito máis simplificada: semántico: como se verá, hai certos grupos compactos (comida, obxecto, condición, actividade ou persoa con esa actividade) que entran dentro do esperable; morfolóxico: as secuencias finais das palabras asumidas como bases están tamén dentro do normal no galego común, pois tódalas palabras base rematan en vogal (a, e e o) ou en consoante habitual para final absoluto ou mesmo relativo (n, r, z e l); sintáctico: a totalidade das bases proceden da categoría nominal e/ou do seu modificador (podendo ser posiblemente das dúas cando se pode tomar a base como substantivo ou como adxectivo, caso un tanto borroso pero posible nos nomes dalgunhas profesións: lavandeira, panadeira);
Categoría:Lingua galega