O Corpus Diacrónico del Español (CORDE) é un corpus da Real Academia Española creado en 1994 para apoiar o estudo do castelán durante toda a historia da lingua. En abril de 2005 contaba con 250 millóns de formas. É unha ferramenta moi importante para documentar as palabras na lingua castelá, o seu uso e/ou perda do mesmo, a evolución do seu significado, primeira aparición, etimoloxía e, por suposto, para realizar o Diccionario Histórico del Español.

Notas

Ligazóns externas Buscador do CORDE

Categoría:Lingüística computacional