Mátaos suavemente (en ) é un filme estadounidense de 2012 escrito e dirixido por Andrew Dominik e protagonizado por Brad Pitt. Baséase na novela de George V. Higgins Cogan's Trade (1974). O filme trata sobre tres delincuentes que rouban nunha operación de xogo ilegal protexida pola mafia, o que fai que a mafia envíe dous sicarios, Jackie (Pitt) e Mickey (James Gandolfini), para tratar cos autores.
O 22 de maio de 2012, o filme estreouse na competición pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2012 e recibiu valoracións positivas. Estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de novembro de 2012 a través de The Weinstein Company e recibiu críticas positivas, especialmente polas interpretacións de Pitt e Gandolfini, así como pola dirección e o guión de Dominik. Recadou 37,9 millóns de dólares sobre un orzamento de 15 millóns.
Estreouse en galego o 22 de xuño de 2022 a través da TVG.
Personaxes Brad Pitt como Jackie Cogan Scoot McNairy como Frankie Ben Mendelsohn como Russell James Gandolfini como Mickey Richard Jenkins como Driver Vincent Curatola como Johnny “Squirrel” Amato Ray Liotta como Markie Trattman Trevor Long como Stevie Caprio Max Casella como Barry Caprio Sam Shepard como Dillon Slaine como Kenny Gill
Notas
Categoría:Filmes de 2012 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Andrew Dominik Categoría:Filmes producidos por Brad Pitt Categoría:Filmes de Annapurna Pictures Categoría:Filmes de Plan B Entertainment Categoría:Filmes rodados en Nova Orleáns Categoría:Filmes ambientados en 2008 Categoría:Filmes sobre violencia Categoría:Filmes de 2012 con versión en galego