Fátima Pego Vilas, nada o 26 de marzo de 1986 en Bastavales, é unha cantante e presentadora galega.

Traxectoria Desde meniña formou parte de coros infantís e participou en festivais e concursos. Estivo en diferentes concursos da TVG: O Tequele-Tequele, O Tequele-Show, Éxito, Canteira de cantareiros no Luar (con 18 anos)... Estudou canto, solfexo, piano e licenciouse en Comunicación Audiovisual na Universidade de Vigo.

En 2005 entrou na orquestra Suavecito (despois Palladium) na que estivo sete tempadas. Despois pasou á orquestra París de Noia de 2012 a 2018. De aí converteuse en cantante da Orquestra Panorama ata 2025.

En 2020 interpretou Que sorte de terte con Lucía Pérez e Tania Veiras, arroupadas por máis dunha vintena de rostros populares da TVG. En 2022 foi unha das catro protagonistas de Catro gatos da TVG e participou no Luar. Tamén participou no Quen anda aí? e outros programas da TVG.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Cantando A illa da vida Entrevista en La Voz de Galicia, 31-7-2023

Categoría:Nados en Brión Categoría:Músicos de Galicia Categoría:Nados en 1986