Fernando Garrido Valenzuela, nado en Madrid o 10 de xaneiro de 1949, é un enxeñeiro e político galego.

Traxectoria Cursou estudos de bacharelato no Instituto Ramiro de Maeztu de Madrid. Ingresou na Escola Superior de Enxeñieros Agrónomos de Madrid en 1968. Exerceu como enxeñeiro agrónomo na Bandeira e en Frigolouro (O Porriño). En 1976 independizouse e montou a súa propia industria agropecuaria en Silleda. Foi cabeza de lista de Coalición Democrática nas primeiras eleccións municipais no concello de Silleda. Foi cabeza de lista de Alianza Popular pola Circunscrición electoral de Pontevedra nas eleccións de 1982 e foi elixido deputado. Foi Secretario da Comision de Agricultura e Pesca do Congreso. En 1984 renunciou ao seu escano ao ser nomeado Conselleiro de Agricultura. Nas eleccións autonómicas de 1985 figurou como número dous na candidatura de Alianza Popular por Lugo, e foi elixido deputado. Continuou no cargo de conselleiro até 1986, de feito, durante uns meses entre 1985 e 1986 ocupou ademais as carteiras de Pesca e Alimentación, unidas á de Agricultura.

Ao ano seguinte, en 1987, foi un dos conselleiros que acompañou a Xosé Luís Barreiro Rivas cando este deixou o goberno de Xerardo Fernández Albor, e mesmo abandonou AP meses antes que Barreiro, presentándose a concelleiro por Independentes de Galicia nas eleccións municipais de 1987 por Pontevedra. De feito, non só saíu elixido concelleiro, senón que o cabeza de lista José Rivas Fontán venceu nas eleccións e fíxose coa alcaldía. Cando Barreiro deixou AP integrouse canda el no grupo parlamentario de Coalición Galega, durante o período comprendido entre 1987 e 1989.

Despois de estar afastado da vida política, en 2009 foi nomeado por Alberto Núñez Feijóo presidente do padroado do Parque Nacional das Illas Atlánticas.

Vida persoal É irmán da tamén deputada Irene Garrido e do empresario Javier Garrido Valenzuela.

Casou con Esther Fernández Martínez e ten tres fillos. Véxase tamén Outros artigos Lista de deputados galegos no Congreso desde a Transición Ligazóns externas Ficha no Congreso dos Deputados

Categoría:Conselleiros da Xunta de Galicia Categoría:Deputados do Congreso dos Deputados polo PP Categoría:Deputados do Parlamento de Galicia polo PPdeG Categoría:Nados en Madrid Categoría:Nados en 1949 Categoría:Deputados da II Lexislatura do Parlamento de Galicia Categoría:Deputados no Congreso dos Deputados pola provincia de Pontevedra