Anomalisa é un filme estadounidense de 2015 escrito e dirixido por Charlie Kaufman, quen dirixiu xunto con Duke Johnson. Baséase na obra homónima de Kaufman de 2005 que fixo baixo o alcume Francis Fregoli, o cal é unha exploración da síndrome de Fregoli. Anomalisa conta a historia dun experto de atención ao cliente, Michael Stone (voz de David Thewlis), que percibe a todas as demais persoas (Tom Noonan) como idénticas, agás Lisa Hesselman (Jennifer Jason Leigh), a quen coñece nun hotel de Cincinnati.
Anomalisa estreouse no Festival de Cinema de Telluride o 4 de setembro de 2015, e estreouse nos cinemas dos Estados Unidos o 30 de decembro a través de Paramount Pictures. O filme recibiu a aclamación da crítica, con eloxios polo seu guión, dirección e contido temático. Foi nomeado ao Óscar ó mellor filme de animación na 88ª edición dos premios, sendo o primeiro filme cunha clasificación para maiores de idade en ser nomeado nesta categoría. Tamén foi nomeado nos Globos de Ouro. Gañou o Premio do Xurado na 72ª edición do Festival Internacional de Cinema de Venecia, sendo o primeiro filme animado en conseguilo.
Personaxes David Thewlis como Michael Stone, un home de mediana idade e acento británico e un experto en atención ao cliente cunha actitude maioritariamente negativa. Para el, todas as persoas parecen e soan igual agás Lisa, a quen el percibe como diferente. Jennifer Jason Leigh como Lisa Hesselman, unha muller doce pero insegura que está no hotel para asistir á charla de Michael sobre atención ao cliente. Tom Noonan como todos os demais.
Notas
Categoría:Filmes de 2015 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes dirixidos por Charlie Kaufman Categoría:Filmes dirixidos por Duke Johnson Categoría:Filmes independentes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes sobre escritores Categoría:Filmes ambientados en 2005 Categoría:Filmes ambientados nos Ánxeles Categoría:Filmes de Paramount Pictures Categoría:Filmes sobre depresión