Amor e xeado (en ) é un filme estadounidense de 2022 escrito e dirixido por Brandon Camp. Baséase na novela homónima de Jenna Evans Welch. Susanna Skaggs interpreta o papel de Lina Emerson, protagonista e narradora da historia. Completan o elenco Anjelika Washington como Addie; Owen McDonell como Howard; Valentina Lodovini como Francesca, Alex Boniello como Fleetwood Zach, entre outros.

O filme estreouse a través de Netflix o 22 de xuño de 2022, onde conta con subtítulos en galego.

Sinopse Na historia, unha estudante universitaria estatunidense desfruta do verán da súa vida en Roma grazas ao vello diario da súa nai, o cal lle servirá como guía mentres se vai namorando dos encantos da cidade, da súa xente e do xeado.

Produción O filme rodouse en xuño de 2021 na Toscana.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Lista de títulos con versión en galego nas plataformas de streaming

Categoría:Filmes de 2022 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América Categoría:Filmes de Netflix Categoría:Filmes de 2022 con versión en galego