Goblin Cock é unha banda estadounidense de heavy metal procedente de San Diego, California, fundada por Rob Crow do grupo Pinback. Musicalmente o grupo toca unha forma de doom metal/drone metal con temas líricos moi pouco comúns, como cancións de cultura pop sobre filmes como Godzilla's Revenge ou Billy Jack, e Mr. Snuffleupagus da serie de televisión Sesame Street. Todos os membros da banda teñen nomes artísticos. No presente a banda ten un contrato co selo Joyful Noise Recordings, e anteriormente editou dous traballos coa discográfica Absolutely Kosher. O grupo saíu de xira por vez primeira en 2006 e tocou na 20º edición do festival South by Southwest Music Festival en Austin, Texas. Tamén tocou o 15 de setembro de 2005 no festival anual do College Music Journal.
O seu primeiro álbum, Bagged and Boarded, foi nomeado ao premio PLUG ao álbum de metal do ano en 2006. O seu vídeo musical da canción "Stumped", dirixido por Matt Hoyt, tamén foi nomeado ao premio PLUG ao vídeo musical do ano.
Discografía
Álbums ÁlbumAnoSeloBagged and Boarded2005Absolutely Kosher RecordsCome with Me If You Want to Live!2008Robcore RecordsNecronomidonkeykongimicon2016Joyful Noise RecordingsRoses on the Piano2018Joyful Noise Recordings
Notas
Categoría:Grupos musicais de San Diego Categoría:Grupos musicais de doom metal Categoría:Grupos musicais de drone metal Categoría:Grupos musicais de stoner metal Categoría:Grupos musicais de thrash metal Categoría:Grupos musicais formados en 2005