O piollo apintaradoA Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 25 de xuño de 2022. (Eurydice pulchra) é unha especie de crustáceo isópodo mariño da familia Cirolanidae. Atópase polo océano Atlántico nororiental.
O nome xenérico provén da ninfa Eurídice da mitoloxía grega; o nome específico significa fermoso en latín. A súa distribución esténdese desde Noruega até a costa atlántica de Marrocos, excluíndo o mar Mediterráneo. Vive na zona intermareal das costas de area. Posúe grandes ollos e longas antenas, de cor cinsenta a acastañada, con pencas negras (cada unha un cromatóforo) por toda a superficie do seu corpo. Os machos medran uns 8 mm, mentres que as femias acadan uns 6,5 mm.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Lista de crustáceos de Galicia
Categoría:Malacostráceos Categoría:Crustáceos do océano Atlántico Categoría:Animais descritos en 1815