VINCI é unha compañía construtora francesa, anteriormente chamada Société Générale d'Entreprises (SGE) creada en 1899. É a segunda empresa de concesións e construción máis grande do mundo, empregando a 280.000 persoas en todo o mundo. Controla a maioría do capital de Autoroutes du sud de la France. No 2000 adquiriu o Groupe GTM. A actividade de Vinci en 2022 organízase ao redor de tres liñas de negocio: concesións, enerxía e construción. En 2021, a compañía está presente en máis de 120 países.
Véxase tamén Ligazóns externas Páxina oficial
Categoría:Empresas construtoras e inmobiliarias Categoría:Empresas de Francia