O piollo da lingua ou papulo da linguaA Chave (2020): Os nomes galegos dos crustáceos. Xinzo de Limia (Ourense): A Chave Consultado o 25 de xuño de 2022. (Cymothoa exigua) é un crustáceo isópodo da familia dos cimotoídeos (Cymothoidae). Trátase dun parasito que se adhire á lingua do peixe hóspede mediante os seus tres pares de patas dianteiras, e bebe da arteria que fornece de sangue este órgano. Co tempo, a lingua atrófiase e desintégrase, e o crustáceo substitúe a función do órgano co seu propio corpo e controla desde aí a tensión sanguínea do sistema circulatorio do anfitrión.El "come-lenguas" - Muy Interesante O peixe pode utilizar o parasito coma se fose unha lingua normal, e non recibe maior dano, pois Cymothoa exigua nútrese das mucosas do peixe. Non parece mostrar especial interese na comida que este inxire.

Distribución A súa distribución está bastante estendida. Pódese atopar desde o Golfo de California cara ao sur até o norte do Golfo de Guayaquil en Ecuador. Este isópodo é común como parasito de 7 especies da orde Perciformes: tres lutiánidos, un hemúlido e tres de esciénidos; e unha especie de orde Atheriniformes da familia Atherinidae. Tamén se atoparon en peixes por Costa Rica como o Lutjanus colorado e o Lutjanus jordani.

Reprodución Reprodúcense sexualmente pero na actualidade non se sabe moito acerca da súa vida reprodutora. A medida que maduran, convértense en femias; o apareamento probablemente ocorre nas branquias. Se non hai presente unha femia, senón só dous machos, un deles pode converterse nunha femia despois de medrar até os 10 mm de lonxitude. A femia ábrese camiño cara á boca do peixe, onde utiliza as súas garras dianteiras para adherirse á lingua do peixe. É probable que os neonatos primeiro se adhiran ás branquias dun peixe e logo se convertan en machos. Trátase do único parasito coñecido que substitúe con éxito un órgano do seu hospedador.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas Imaxes do piollo da lingua

Categoría:Crustáceos