1951 (MCMLI) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.

Acontecementos 1 de xaneiro - Créase o Alto Comisionado das Nacións Unidas para os Refuxiados (ACNUR). 4 de xaneiro - Guerra de Corea, as forzas comunistas reconquistan a cidade coreana de Seúl. 5 de xaneiro - A Garda civil mata en Fontá (Fisteus, Curtis) ao guerrilleiro Emilio Pérez Vilariño. 18 de xullo - A Garda civil prende lume a unha casa do Tellado (Fene) na que estaban refuxiados os guerrilleiros Manuel Bastida Franco e Juan Gabeiras Barro que morreron abrasados. 30 de agosto - A Garda civil mata no Puntal (Neda) aos guerrilleiros Antonio Veiga Mejuto, José Antonio Castro López, José Sancho Riera e José Freire Barcia. 30 de outubro - Roberto Urdaneta ocupa a presidencia de Colombia. 1 de novembro - Soldados estadounidenses son expostos a unha explosión atómica no deserto de Nevada; a participación non foi voluntaria. 24 de decembro - Libia alcanza a independencia.

Nacementos 21 de xaneiro - Urbano Cabrera, cantautor galego. 30 de xaneiro - Phil Collins, cantante. 5 de febreiro - Margarita Ledo Andión, escritora, xornalista e cineasta galega. 20 de febreiro - James Gordon Brown, Primeiro Ministro británico. 28 de abril - Damião Vaz d'Almeida, político de San Tomé e Príncipe. 19 de maio - Joey Ramone, cantante de rock (Ramones). 23 de maio - Anatoli Karpov, xogador de xadrez ruso. 27 de maio - Ana Belén, cantante madrileña. 5 de xuño - Xosé de Cora, xornalista e escritor galego. 6 de xuño - Xosé Otero Canto, profesor e escritor galego. 7 de xuño - Xesús Veiga Buxán, economista e político galego. 29 de xuño - Don Rosa, ilustrador do Pato Donald. 4 de agosto - Antonio Cantudo Hernández, exfutbolista canario. 11 de agosto - Fina Casalderrey, escritora galega. 20 de agosto - Greg Bear, escritor de Ciencia ficción. 25 de agosto - Víctor Freixanes, xornalista, editor e escritor galego.

20 de setembro - Javier Marías, escritor e editor español.

25 de setembro - Pedro Almodóvar, director de cine español. 20 de outubro - Hans-Georg Aschenbach, saltador de esquí da República Democrática Alemá. 23 de outubro - Charly García, cantante de rock. 25 de outubro - Manuel González González, lingüista galego. 14 de novembro - Zhang Yimou, director de cine chinés. 15 de novembro - Pegerto Saavedra Fernández, historiador galego. 19 de novembro - Panagiotis Lafazanis, político grego. 25 de novembro - Arturo Pérez-Reverte, periodista e escritor español. 27 de novembro - Ivars Godmanis, político letón. 18 de decembro - Ramón Conde, escultor galego. 26 de decembro - John Scofield, músico de jazz. 27 de decembro - Terry Bozzio, cantante de rock.

Mortes 10 de xaneiro - Sinclair Lewis, escritor estadounidense. 19 de xaneiro - José Ramón Lence, escritor e xornalista galego (n. 1874). 16 de xaneiro - Francisco Lanza, escritor galego, en Buenos Aires (m. 1892). 19 de febreiro - André Gide, escritor francés, premio Nobel de Literatura en 1947. 29 de abril - Ludwig Wittgenstein, filósofo austro-inglés. 13 de xullo - Arnold Schönberg, compositor austríaco. 20 de xullo - Narciso Correal, escritor galego (n. 1876). 23 de xullo - Philippe Pétain, militar e político francés. 27 de xullo - Carlos Allegue, militar e dirixente comunista galego. 11 de agosto - Ramón Obella Vidal, médico e empresario galego (n. 1888). 3 de setembro - Manuel Rodríguez González, guerrilleiro antifranquista galego. 29 de setembro - Alfredo Somoza, político galego. 6 de outubro - Otto Fritz Meyerhof, fisiólogo alemán, premio Nobel de Medicina en 1922. 29 de novembro - Francisco Vázquez Enríquez, avogado, xornalista e político galego.

Premios Nobel Física: John Cockcroft e Ernest Walton Química: Edwin Mattison McMillan e Glenn Theodore Seaborg Fisioloxía ou Medicina: Max Theiler Literatura: Pär Lagerkvist Paz: Léon Jouhaux

Outros

Historia ano a ano

Categoría:1951