As cistatinas son unha familia de proteínas que funcionan como inhibidores de cisteína proteases que comparten unha homoloxía de secuencias e unha estrutura terciaria común cunha hélice alfa situada por riba dunha folla beta antiparalela. A familia subdivídese como se indica máis abaixo.

As cistatinas mostran unha semellanza coas fetuínas, cininóxenos, glicoproteínas ricas en histidina e proteínas relacionadas coa cistatina. As cistatinas inhiben principalmente encimas peptidases (ou proteases) que pertencen ás familias de peptidases C1 (familia da papaína) e C13 (familia da legumaína). Sábese que poden sufrir un mal pregamento e formar depósitos amiloides e están implicadas en varias doenzas.Ochieng, Josiah and Gautam Chaudhuri. "Cystatin Superfamily." Journal of Health Care for the Poor and Underserved, vol. 21 no. 1, 2010, p. 51-70. Project MUSE, doi:10.1353/hpu.0.0257. Shah, A., Bano, B. Cystatins in Health and Diseases. Int J Pept Res Ther 15, 43 (2009). https://doi.org/10.1007/s10989-008-9160-1

Tipos A familia da cistatina comprende:

Cistatinas de tipo 1, que son intracelulares e están presentes no citosol de moitos tipos celulares, pero poden tamén aparecer en fluídos corporais en concentracións significativas. Son polipéptidos de cadea simple de aproximadamente 100 residuos, que non teñen pontes disulfuro nin cadeas laterais de carbohidratos. As cistatinas de tipo 1 tamén se coñecen como stefinas (nome que lle foi dado porque foron descubertas no Instituto Stefan ). Cistatinas de tipo 2, que son principalmente polipéptidos extracelulares segregados e son bastante ácidas, conteñen catro residuos de cisteína conservados que forman dúas pontes disulfuro, poden estar glicosiladas e/ou fosforiladas. Son sintetizadas cun péptido sinal de a 19 a 28 residuos. Están amplamente distribuídas e encóntranse na maioría dos fluídos corporais. Entre elas está a cistatina C humana.Michele Mussap, Mario Plebani. Biochemistry and clinical role of human cystatin C. Critical reviews in clinical laboratory sciences (2004-12-18). PMID 15603510 Cistatinas de tipo 3, que son proteínas multidominio. Os representantes de mamíferos deste grupo son os cininóxenos. Hai tres tipos de cininóxenos en mamíferos: cininóxeno H (de alto -high- peso molecular, ) e L (de baixo -low- peso molecular), que se encontran en varias especies e cininóxeno T, que se encontra soamente en ratas.Science direct Kininogen - an overview Cistatinas non clasificadas. Son proteínas similares ás cistatinas que se encontran en diversos organismos: fitocistatinas de plantas, fetuínas de mamíferos, cistatinas de insectos e a cistatina do veleno da víbora bufadora Bitis arietans, que inhibe metaloproteases da familia de peptidases M12 de MEROPS (astacina/adamalisina). Ademais, varias das proteínas similares a cistatinas sábese que carecen de actividade inhibidora.Martinez, M.; Santamaria, M.E.; Diaz-Mendoza, M.; Arnaiz, A.; Carrillo, L.; Ortego, F.; Diaz, I. Phytocystatins: Defense Proteins against Phytophagous Insects and Acari. Int. J. Mol. Sci. 2016, 17, 1747. https://doi.org/10.3390/ijms17101747A cystatin-like cysteine proteinase inhibitor from venom of the African puff adder (Bitis arietans). Evans HJ, Barrett AJ. Biochem J. 1987 Sep 15;246(3):795-7. doi: 10.1042/bj2460795. PMID 3500713

Cistatinas humanas

CST1, CST2, CST3 (cistatina C, un marcador da función renal), CST4, CST5, CST6, CST7, CST8, CST9, CST11, CSTA (cistatina A), CSTB (cistatina B). M Järvinen 1, A Rinne, V K Hopsu-Havu. Human cystatins in normal and diseased tissues--a review. Acta Histochem. . 1987;82(1):5-18. doi: 10.1016/S0065-1281(87)80043-0. PMID 3122506

Cistatinas de plantas

As cistatinas de plantas teñen características especiais que fan que se clasifiquen nun grupo especial, as fitocistatinas. Unha característica é a presenza dunha hélice alfa N-terminal, presente só en cistatinas de plantas. As fitocistatinas están implicadas en varios procesos, como a xerminación da planta e a defensa. O grupo de van Wyk atopou unhas 19 cistatinas similares á orizacistatina-I na soia xunto con cisteína proteases relacionadas.

Notas

Véxase tamén Outros artigos Afímero, un tipo de proteína de enxeñaría que está baseada no andamio da cistatina

Bibliografía

Ligazóns externas Cystatin: a protein that flips out! Interesante artigo de estrutura PDB en PDBe

Categoría:Inhibidores das proteases Categoría:Proteínas