miniatura|Situación da Agra do Orzán no concello da Coruña.Estudos previos miniatura|Igrexa parroquial de Santo Antón, no lugar que ocupaba o cine Finisterre, na avenida de Fisterra. A Agra do Orzán é o barrio máis populosoTres vecinos por metro cuadrado La Opinión A Coruña (29 139 habitantes, ano 2011Agra do Orzán A Cidade dos Barrios) da Coruña. Con só 0,423 km² de superficie, a densidade de poboación acada os 68 887,52 hab/km², a máis alta do concello. Está situado na parte oeste da cidade, cara a onde se foi desenvolvendo durante os anos 70 e 80 do século XX, incorporando zonas moi variadas. Un dos seus atractivos é a rúa Barcelona, que é peonil e conta cun comercio moi activo.
A súa superficie quedaría circunscrita dentro da área delimitada polas seguintes vías, comezando pola situada máis cara ao norte e continuando en sentido horario: rúa Manuel Murguía, ronda de Nelle, avenida de Fisterra, rúa Alcalde Jaime Hervada (que incluiría o polígono do Ventorrillo, de nova traza), rúa Ágora, travesía Pedreira Ríos e ronda de Outeiro.
A Agra do Orzán identifícase co distrito censal 6 da Coruña.Datos demográficos
Toponimia O topónimo provén do latín , e é unha extensión de terreo cultivábel dividida en leiras que pertencen a varios propietarios.
Historia A historia urbana do barrio iniciouse nos anos 40 cando comezaron a establecerse emigrantes doutras zonas de Galicia nos campos da Agra do Orzán, onde construían "ranchitos", casas unifamiliares con horta. O plan de ordenamento de 1948 definiu o espazo coa creación das roldas de Nelle e Outeiro. A expansión do barrio comezou na década seguinte, con rúas sen planificar e edificios mal orientados. Ademais, o Instituto Nacional da Vivenda construíu o Grupo Mariñeiros en 1957 e as Casas de Franco, coñecidas popularmente como "Katanga", en 1963”.
Fitos 1969: inaugurábanse os centros educativos Raquel Camacho (educación primaria) e o IES Agra I. 1975: inaugurábase o mercado municipal de abastos das Conchiñas, rehabilitado a comezos de 2009 1976: fundouse no barrio a primeira asociación de veciños da cidade. 1985: apertura dos Multicines Chaplin, pechados vinte anos despois: o 25 de agosto de 2005. Foi a única sala da Coruña que chegou a proxectar cinema X . 1986: inaugurábase a praza das Conchiñas tras do mercado homónimo. 1993: inaugurábase o centro de atención primaria e de especialidades do Ventorrillo. 1994: Francisco Vázquez Vázquez inauguraba a peonalización da rúa Barcelona. 26 de marzo de 2011: o entón alcalde da Coruña Javier Losada inauguraba o Centro Cívico Ágora aínda que esta instalación tardaría un tempo en abrir ao público. 21 de setembro de 2012: quedaba inaugurada como Ronda do Real Club Deportivo da Coruña a autoestrada urbana V-1.4, que permitiría desde aquela o tráfico entre norte e sur da parte occidental da cidade sen necesidade de atravesar o barrio pola Ronda de Outeiro. 20 de febreiro de 2015: Carlos Negreira inauguraba o aparcadoiro soterrado baixo unha reformada praza das Conchiñas.
Galería de imaxes
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Agra Civis
Categoría:Barrios da Coruña Categoría:Topónimos galegos con etimoloxía