María García Díaz, nada en Pola de Siero en 1992, é unha investigadora e poeta asturiana.

Traxectoria Graduada en Física pola Universidade de Oviedo, é profesora na Universidade Politécnica de Madrid e realiza investigación en información e tecnoloxías cuánticas en colaboración co Grup d’Informació Quàntica (Universitat Autònoma de Barcelona) e co grupo MathQI (Universidade Complutense de Madrid). Tamén toca o violín. En 2022 participou en Rosalía en Camiño. Diálogos literarios multilingües, celebrados en Padrón, Santiago e Pontevedra. Organizados pola Fundación Rosalía de Castro. Obra Poesía

Asturiano

Llírica astraición (2016). Oviedo: Saltadera. 120 páxs. ISBN 978-84-944489-7-3.

Ye capital tolo que fluye. Es capital todo lo que fluye (2021). Boadilla del Monte: Ultramarinos. Con tradución ao castelán de Xaime Martínez. 136 páxs. ISBN 978-84-122602-4-3.

Castelán Espacio virgen (2015). Madrid: Torremozas. 80 páxs. ISBN 9788478396177.

Suave la matriz (2018). Oviedo: Saltadera. 96 páxs. ISBN 978-84-948572-5-6.

Obra colectiva La prueba del once (2015). Oviedo: Saltadera. Premios 2015: Espacio virgen foi gañadora do XVI premio «Gloria Fuertes» de Poesía Joven, que foi tamén finalista do Premio Nacional de Poesía Joven «Miguel Hernández» Notas

Categoría:Nados en Asturias Categoría:Nados en 1992 Categoría:Escritores en lingua asturiana Categoría:Escritores en lingua castelá