The Speed Cubers é un filme documental de 2020 dirixido por Sue Kim. Conta as vidas dos campións de velocidade resolvendo un cubo de Rubik, Max Park e Feliks Zemdegs.
Sinopse O documental recolle as "extraordinarias reviravoltas nas viaxes dos campións de resolución do cubo de Rubik Max Park e Feliks Zemdegs".
Produción O foco principal do documental é a rivalidade e a amizade entre dous máis rápidos do mundo, Max Park e Feliks Zemdegs. Anunciado en xuño de 2020, o filme foi dirixido por Sue Kim e estreouse o 29 de xullo de 2020 en Netflix.
Evento Algunhas das imaxes foron rodadas nos Campionatos do Mundo de 2019 da World Cube Association, celebrados en Melbourne, Australia.
Acollida Na páxina web do agregador de recensións Rotten Tomatoes, o 100% das recensións de 13 críticos son positivas, cunha cualificación media de 8.2/10. O 9 de febreiro de 2021, o documental foi preseleccionado na categoría mellor curtametraxe documental na 93ª edición dos Óscar. Na 5ª edición dos Critics' Choice Documentary Awards, The Speed Cubers foi nomeado a mellor curtametraxe documental. O filme tamén recibiu un nomeamento ao Premio Peabody na categoría de documentais.
Notas
Categoría:Filmes de 2020 Categoría:Filmes en lingua inglesa Categoría:Filmes dos Estados Unidos de América