The Mountain Goats é unha banda estadounidense formada en Claremont, California, polo cantautor John Darnielle. O grupo está baseado actualmente en Durham, Carolina do Norte. Durante moitos anos o único membro de The Mountain Goats foi Darnielle. Aínda que segue sendo o principal membro do grupo, traballou con distintos colaboradores, como o baixista e vocalista Peter Hughes, o batería Jon Wurster, o multiinstrumentista Matt Douglas, o cantautor Franklin Bruno, a baixista e vocalista Rachel Ware, o cantautor e produtor John Vanderslice, a guitarrista Kaki King, e a multiinstrumentista Annie Clark.

Durante os anos 90, The Mountain Goats foron coñecidos por producir gravacións caseiras lo-fi (destacando o uso da gravadora dun radiocasete) e editalas en casete ou vinilos de 7 polgadas. Dende 2002 The Mountain Goats adoptaron un enfoque máis puído, gravando a miúdo en estudio cunha banda completa.

Discografía

Álbums ÁlbumAnoSeloZopilote Machine1994Ajax Records, 3 Beads of SweatSweden1995Shrimper RecordsNothing for Juice1996Ajax RecordsFull Force Galesburg1997Emperor JonesThe Coroner's Gambit2000Absolutely KosherAll Hail West Texas2002Absolutely KosherTallahassee20024ADWe Shall All Be Healed20044ADThe Sunset Tree20054ADGet Lonely20064ADHeretic Pride20084ADThe Life of the World to Come20094ADAll Eternals Deck2011Merge RecordsTranscendental Youth2012Merge RecordsBeat the Champ2015Merge RecordsGoths2017Merge RecordsIn League with Dragons2019Merge RecordsSongs for Pierre Chuvin2020Merge RecordsGetting Into Knives2020Merge RecordsDark in Here2021Merge RecordsBleed Out2022Merge RecordsJenny from Thebes2023Merge RecordsDays2026Cadmean Dawn

Notas

Categoría:Grupos musicais do condado dos Ánxeles Categoría:Grupos musicais de indie folk Categoría:Grupos musicais de indie rock Categoría:Grupos musicais de folk rock Categoría:Grupos musicais de lo-fi Categoría:Grupos musicais formados en 1991