Gabriel Veiga Novas, nado no Porriño o 27 de maio de 2002, coñecido coma Gabri Veiga, é un xogador galego que xoga no club portugués FC Porto.
Traxectoria
Comezou a súa carreira profesional nos equipos filiais do Celta de Vigo. O 25 de agosto de 2019 debutou co Celta B na Segunda División B nun partido contra o Internacional de Madrid, encontro que rematou en empate. O primeiro gol anotouno o 1 de decembro de 2019 fronte ao Atlético Baleares, nun encontro que rematou con derrota celeste por 1 a 6.
O 19 de setembro de 2020 debutou na Primeira División co primeiro equipo de Celta de Vigo, entrando coma substituto de Renato Tapia nunha vitoria por 2 a 1 fronte ao Valencia CF. O seu primeiro partido coma titular foi o 1 de outubro de 2020 fronte o FC Barcelona, que rematou en derrota por 0 a 3.
Xogou no Al-Ahili durante dous anos onde meteu 30 goles y 50 asistencias grandes números é ágora mesmo está xogando no Oporto na primeira división Purtuguesa de momento cheva 3 goles y 2 asistencias es un xogador con moito potencial q se está no sitio adecuado pode demostrar o seu nivel máis alto
A súa axencia de representación é Intermedia Sport Player. Estatísticas Clubs 20px Actualizado co derradeiro partido disputado o . ClubDiv.TempadaLigaCopas nacionaisCopas internacionaisTotalPart.GolesPart.GolesPart.GolesPart.GolesCelta de Vigo "B"2.ª B 2019-20 14 1 ― ― 14 1 2020-21 18 0 ― ― 18 01.ª RFEF 2021-22 30 9 ― ― 30 9Total club 62 10 0 0 0 0 62 10R. C. Celta de Vigo1.ª 2020-21 6 0 0 0 ― 6 0 2021-22 7 0 3 0 ― 10 0Al-Ahli Saudí F. C.1.ª 2023-24 8 1 2 0 — 10 1Total club 8 1 2 0 0 0 10 1Total carreira 120 22 8 0 0 0 128 22
Palmarés Al-Ahli Liga de Campións Elite da AFC (1): 2024/25.
Porto Primeira Liga (1): 2025/26.
Notas
Véxase tamén Outros artigos Unión Deportiva Santa Mariña
Categoría:Nados no Porriño Categoría:Nados en 2002 Categoría:Xogadores do Celta de Vigo Categoría:Futbolistas do Porriño Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes Categoría:Xogadores do Celta de Vigo B Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-21 Categoría:Xogadores da selección de fútbol de España sub-19