Francisco Marín Moya, nado en Palma o 7 de decembro de 1893, foi un militar español.

Traxectoria Carabineiro. Tenente de Carabineiros, foi trasladado da Comandancia de Lugo á de Sevilla en abril de 1932.La Voz de Galicia, 28-4-1932, p. 5. En 1936 era capitán de Carabineiros de Noia. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 opúxose ao golpe e organizou a evasión dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa dende Muros cara a Bilbao. Combateu no exército republicano. Foi detido ao final da guerra. Xulgado na Coruña por rebelión militar, foi condenado á pena de morte, conmutada por cadea perpetua. Cumpriu condena na Prisión Habilitada de Cieza da que saíu en xuño de 1943 en liberdade condicional.BOE, 23-7-1943, p. 7114.

Notas

Categoría:Militares de España Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Palma Categoría:Nados en 1893