Aaron Joshua Nesmith, nado o 16 de outubro de 1999 en Charleston, Carolina do Sur, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Indiana Pacers da National Basketball Association (NBA).
Traxectoria Nesmith foi elixido na 14ª posición do Draft da NBA de 2020 polos Boston Celtics. O 24 de novembro de 2020, Nesmith asinou un contrato de catro anos cos Celtics.
O 9 de xullo de 2022, Nesmith foi traspasado xunto a Daniel Theis, Nik Stauskas, Malik Fitts, Juwan Morgan, e unha elección da primeira rolda do Draft de 2023 ós Indiana Pacers a cambio de Malcolm Brogdon.
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com
Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Charleston, Carolina do Sur Categoría:Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Boston Celtics Categoría:Xogadores dos Indiana Pacers