A Aurora Borealis Malja (en galego Copa Aurora Boreal) é o trofeo entregado cada ano ao equipo feminino campión do campionato finlandés de hóckey sobre xeo en Finlandia. A idea do trofeo naceu en 2009 por iniciativa do daquela embaixador do Canadá en Finlandia, Christopher Shapardanov, para darlle un maior perfil ao campionato feminino. Os fondos para a elaboración do trofeo procederon de doazóns da comunidade finlandesa no Canadá.
O trofeo foi entregado por primeira vez en 2011 e o primeiro equipo en inscribir o seu nome foi o HPK de Hämeenlinna, mentres que o equipo que máis veces alzou a Aurora Borealis Malja foi o K-Espoo de Espoo cun total de oito campionatos entre 2011 e 2026.
Lianne Shapardanov, dona do embaixador do Canadá no momento da súa creación, decidiu que o treofeo recibira o seu nome en honor á aurora boreal, un fenómeno visible nas noites de inverno tanto no Canadá como en Finlandia.
Nome miniatura|Unha aurora boreal en Inari, na Laponia finlandesa. O trofeo recibe o seu nome en honor a este fenómeno. O trofeo recibe o seu nome en honor ás auroras boreais (Aurora Borealis), visibles tanto no Canadá como en Finlandia durante as noites do inverno. A idea do nome foi da dona do daquela embaixador do Canadá en Finlandia, Lianne Shapardanov.
No vaso, recuberto de prata, poden verse gravados que representan o fenómeno así como o seu nome.
O trofeo recibe o sobrenome de "Tyttö" (en galego "Nena"), do mesmo xeito que a Kanada-malja, entregada cada ano ao equipo campión de Finlandia en categoría masculina, é chamada "Poika" (en galego "Neno").
Historia Antes da introdución da Aurora Borealis Malja o equipo feminino campión de Finlandia recibía unha copa denominada Sammon Malja e que se comezou a entregar a partir da tempada inaugural do campionato feminino e entregouse por primeira vez ao equipo campión da tempada 2009-10, oIlves.Panel de descrición do obxecto na exposición do Museo finlandés do hóckey sobre xeo no verán de 2022 (consultado o 10 de xullo de 2022). Anteriormente entregouse outra copa ao equipo gañador do Torneo Lipstick, que decidiu de xeito non oficial o campión feminino finlandés a finais da década de 1970 e principios da de 1980.Panel de información da liga feminina de Finlandia no Museo finlandés do hóckey sobre xeo na primavera de 2023 (consultado o 30 de abril de 2023).
O trofeo foi donado á Federación Finlandesa de Hóckey sobre Xeo polo daquela embaixador do Canadá en Finlandia, Christopher Shapardanov, e os fondos para a súa adquisición procederon principalmente de doazóns da comunidade finlandesa do Canadá, rexistrándose un total de 150 donantes individuais e seis empresas do Canadá.
A Aurora Borealis Malja foi entregada a Federación Finlandesa, representada polo seu presidente Kalervo Kummola e o director executivo Matti Nurminen, o 21 de marzo de 2011 no Helsingin jäähalli de Helsinqui antes do inicio do partido de cuartos de final da SM-liiga entre o HIFK e os Jokerit. Sesenta anos antes, a comunidade finlandesa no Canadá doou a Kanada-malja, na que cada ano se grava o nome do campión finlandés en categoría masculina.
A principios de setembro de 2011 a copa foi doada ao Museo finlandés do hóckey sobre xeo, onde foi colocada nun lugar de honra, preto da entrada e fronte á Kanada-malja. Shapardanov sinalaba ante o evento:
Na tempada 2019-20, a causa da pandemia por coronavirus, a liga non decidiu ningún equipo campión por primeira vez na súa historia, cancelándose a tempada logo das semifinais, sen chegar a disputarse a final entre o K-Espoo e o KalPa.
Características O trofeo mide uns 80 centímetros de alto co seu soporte, e na súa parte inferior mide 39 cm. Os materiais empregados na súa fabricación foron prata canadense para o recubrimento das partes metálicas, mentres que para o soporte empregouse madeira de pradairo, mentres que o pé da copa está rodeado por unha decoración de labradorita. O seu peso é duns 12 quilos.
O recipiente metálico está decorado cunha imaxe en relevo que amosa unha aurora boreal nun bosque de coníferas. No lateral do trofeo está gravado un texto sobre a doazón do trofeo en catro idiomas: o finés e o suceo (linguas oficiais en Finlandia), e o inglés e o francés (linguas oficiais no Canadá).
No trofeo hai numerosas referencias á conexión entre ambos países: as auroras boreais son visibles en ambos países, os materiais empregados na súa confección respectan a natureza de ambos países e a súa similitude, e os dous países son bilingües.
Do mesmo xeito que o seu homólogo masculino, a Kanada-malja, o trofeo non se entrega en propiedade ao equipo campión, senón que cada ano se inscribe o seu nome nunha placa que se coloca no soporte de madeira. Realizáronse dúas copias do trofeo, unha delas encóntrase no Museo finlandés do hóckey sobre xeo, mentres que a outra é entregada no xeo ao equipo campión de Finlandia.
Palmarés miniatura|Partido das finais da tempada 2018-19 entre o Ilves e as Blues. Dende a súa introdución na tempada 2010-11 un total de cinco equipos alzaron o trofeo. O equipo que máis veces se proclamou campión finlandés dende aquela foi o K-Espoo, cun total de seis campionatos.
Ano 20px Campión 20px Prata 20px BronceCampión da Naisten SM-sarja 2010-11 12px|Hämeenlinna HPK 12px|Tampere Ilves 12px|Oulu Kärpät 2011-12 12px|Oulu Kärpät 12px|Tampere Ilves 12px|Hämeenlinna HPK 2012-13 12px|Espoo Blues 12px|Jyväskylä JYP 12px|Oulu Kärpät 2013-14 12px|Espoo Blues 12px|Jyväskylä JYP 12px|Hämeenlinna HPK 2014-15 12px|Espoo Blues 12px|Jyväskylä JYP 12px|Tampere Ilves 2015-16 12px|Jyväskylä JYP 12px|Hämeenlinna HPK 12px|Espoo Blues 2016-17 12px|Oulu Kärpät 12px|Espoo Espoo United 12px|Kuopio KalPaCampión da Naisten Liiga 2017-18 12px|Oulu Kärpät 12px|Tampere Ilves 12px|Kuortane Team Kuortane 2018-19 12px|Espoo Blues 12px|Tampere Ilves 12px|Oulu Kärpät 2019-20Tempada cancelada 2020-21 12px|Espoo Kiekko-Espoo 12px|Kuopio KalPa 12px|Helsinqui HIFK 2021-22 12px|Espoo Kiekko-Espoo 12px|Helsinqui HIFK 12px|Oulu Kärpät 2022-23 12px|Helsinqui HIFK 12px|Espoo Kiekko-Espoo 12px|Kuopio KalPa 2023-24 12px|Helsinqui HIFK 12px|Espoo Kiekko-Espoo 12px|Kuopio KalPaCampión da Auroraliiga 2024-25 12px|Espoo Kiekko-Espoo 12px|Hämeenlinna HPK 12px|Tampere Ilves 2025-26 12px|Espoo Kiekko-Espoo 12px|Hämeenlinna HPK 12px|Tampere Ilves
Casificación de equipos Equipo 20px Campión 20px Prata 20px Bronce Medallas totais 12px|Espoo Espoo Blues/Espoo United/Kiekko-Espoo 8 3 1 12 12px|Oulu Kärpät 3 0 4 7 12px|Helsinqui HIFK 2 1 1 4 12px|Hämeenlinna HPK 1 3 2 6 12px|Jyväskylä JYP 1 3 0 4
Notas
Referencias
Véxase tamén Outros artigos Sammon Malja Trofeos da Naisten Liiga
Categoría:Trofeos da Naisten Liiga