Francisco Piñeiro Barreiro, coñecido como Fariña, nado en Bueu cara a 1902 e finado en Ponte Sampaio (Pontevedra) o 26 de setembro de 1936, foi un comerciante e político galego. Traxectoria Comerciante en Bueu. Na Segunda República, logo da vitoria da Fronte Popular en febreiro de 1936 foi nomeado concelleiro de Bueu e elixido tenente de alcalde.El Pueblo Gallego, 13-3-1936, p. 12. Era o encargado da lonxa de Bueu e formou parte dun grupo de teatro local. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi o encargado de organizar a expedición que tentou acudir a Pontevedra na defensa da República. Foi detido e estivo preso na Normal de Pontevedra. Foi paseado en Ponte Sampaio o 26 de setembro de 1936.

Notas

Véxase tamén Bibliografía Memoria familiar, historia de todos: el caso de Francisco Escáneo Franco

Ligazóns externas O aparello represivo en Bueu Represaliados na defensa da liberdade

Categoría:Concelleiros de Bueu Categoría:Concelleiros de Galicia durante a II República

Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia Categoría:Nados en Bueu Categoría:Nados en 1902 Categoría:Finados en 1936 Categoría:Personalidades de Galicia sen imaxes finados hai máis de 80 anos