miniatura|Localización de Zalpa nun mapa de Próximo Oriente cara ao 1600 a.C.

Zalpa ou Zabar, foi unha cidade hitita, probabelmente a capital do reino denominado Zalpuwa, na ribeira do mar (o mar Negro na rexión da clásica Amisos na desembocadura do moderno río Kizil Irmak, probabelmente hoxe cuberta polo mar). É posíbel que fora Hattusilis I o rei que conquistou Zalpa, situada na costa do mar Negro. Saqueouna e destruíuna. Unha teoría supón que un "gran rei" de nome Huzziyas, foi rei de Zalpa e exerceu unha certa hexemonía antes de Labarnas I (antes do -1700) pero acabou sometida por Hattusilis I uns anos máis tarde.

A cidade e o territorio de Zalpuwa serían conquistados polos kaska sobre o -1390, en tempo de Arnuwandas I.

Segundo Matthews & Glatz p, 69 poderíase corresponder coa actual IkiztepeNégao Bajramovic, Gojko Historical Geography of Anatolia in the Old Assyrian Colony Period p.120, Museum Tusculanum Press, 2011 ISBN 8763536455 ou con Oymaağaç na actual provincia turca de Samsun. Notas

Categoría:Cidades hititas