A anosognosia (do grego : a, prefixo privativo + nosos, enfermidade + gnose, coñecemento: "descoñecemento da enfermidade") é a situación referida a pacientes que non teñen percepción dos seus déficits funcionais neurolóxicos.
Terminoloxía A anosognosia é, polo tanto, unha negación da propia patoloxía neurolóxica: o paciente non admite que algo lle está a ir mal, sendo a causa deste déficit un dano orgánico que realmente está a impedir dita percepción.
Cómpre, polo tanto, distinguir a anosognosia da negación, na que o paciente sabe realmente que algo lle está a pasar pero non está disposto a admitilo polas repercusións emocionais que iso implica.
Por outra banda, un caso particular tamén chamado de xeito xeral anosognosia é tamén a perda da capacidade para recoñecer ou darse conta dun defecto funcional dunha extremidade afecta de parálise, e garda relación con lesións do hemisferio non dominante e con hemiparesia.
A anosognosia foi descrita por primeira vez por Joseph Babinski, en 1914 (síndrome de Anton-Babinski) ao se referir á inconsciencia dunha hemiplexia.
Patoloxías nas que aparece A anosognosia pode ocorrer en diferentes patoloxías neurolóxicas, dificultando en xeral o proceso de rehabilitación. Algunhas das patoloxías nas que aparece son:
Enfermidade de Alzheimer e outros trastornos demenciais. Deterioracióndas funcións executivas por danos no lóbulo parietal. Accidentes cerebrovasculares (ACV) Algúns trastornos da memoria como a síndrome de Korsakoff. Cegueira cortical. Afasia de Wernicke.
Notas
Véxase tamén
Agnosia Trastorno de omisión Simultagnosia
Categoría:Doenzas Categoría:Psiquiatría Categoría:Psicoloxía Categoría:Neuroloxía Categoría:Neurociencia