Divisións do xempo xeolóxico lunar Pre-Nectárico - Nectárico - Ímbrico Inferior - Ímbrico Superior - Eratosteriano - Copernicano

A escala de tempo xeolóxico da lúa, escala de tempo lunar ou escala de tempo selenolóxica divide a historia xeolóxica da Lúa en seis períodos principais.miniatura|Cara visíbel da lúa coa idade das estruturas: Cráteres: 1a - Nectariano, 1b - Imbriano, 1c - Eratosténico, 1d - Copérnico; Mares: 2a – Prenectárica, 2b – Nectariana, 2c – Ímbrico inferior, 2d – Ímbrico tardío, 2e – Eratosténico

Períodos ou eras

Copernicano (ou era copernicana): 1.100 millóns de anos até a actualidade. Eratosteniano (ou era Eratosténica): dende 3.200 millóns de anos até 1.100 millóns de anos antes do presente. Ímbrico superior : desde 3.800 millóns de anos até 3.200 millóns de anos antes do presente. Ímbrico inferior : de 3.850 millóns de anos a 3.800 millóns de anos antes do presente. Nectariano (ou era nectariana): dende 3.920 millóns de anos até 3.850 millóns de anos antes do presente. Prenectariano (ou era prenectariana): dende 4.550 millóns de anos até 3.920 millóns de anos antes do presente. Os valores das datas son aproximados, xa que as divisións entre épocas baséanse nas datas nas que ocorreron importantes eventos xeolóxicos lunares, ás veces difíciles de determinar con precisión. A maioría das mostras lunares a partir das que se desenvolveu a escala temporal que hoxe é aceptada son basaltos do Ímbrico. As mostras anteriores e posteriores a este período son máis escasas e, en particular, as máis antigas víronse afectadas por violentos impactos meteorolóxicos que dificultan a determinación da súa idade por medios radiométricos. En moitas mesetas lunares, os planetólogos non poden distinguir entre materiais nectarianos e prenectarios, e denomínanse xenericamente materiais preímbricos.

Notas

Véxase tamén

Tempo xeolóxico Estratigrafía Idade da lúa Idade da Terra

Ligazóns externas

Categoría:Xeoloxía Categoría:Tempo