António Miguel Forjaz Pacheco Trigueiros, nado en Coímbra en 1944, é un enxeñeiro químico e numismático portugués.
Traxectoria
Enxeñaría António Miguel Trigueiros cursou estudos de Enxeñaría Química Industrial no Instituto Superior Técnico de Lisboa, dos que se licenciou en 1971."António Miguel Trigueiros. Notícia Bio-Bibliográfica". Academia.edu. Páxina 1."Trigueiros, António Miguel". En Coins Weekly. 14 de xullo de 1922.
En 1976 ingresou na Compañía Nacional de Petroquímica (CNP), onde se especializou na transformación de polímeros e plásticos.
Permaneceu nesta compañía ata 1985, cando ingresou na Imprensa Nacional - Casa da Moeda."António Miguel Trigueiros. Notícia Bio-Bibliográfica". Academia.edu. Páxina 2.
Numismática Paralelamente ao seu desempeño profesional como enxeñeiro, Trigueiros interesouse desde novo pola numismáatica e dedicouse ao estudo da historia da moeda portuguesa, sobre o que ten varias publicacións.
Entre 1974 e 1985 foi director da Revista Portuguesa de Numismática e Medalhística - Moeda, coordinou as seccións de moedas e medallas na XVII Exposición Europea de Arte, Ciencia e Cultura de 1983, e foi asesor de administración da ceca pública portuguesa e membro do seu Consello de Numismática.
En 1976, a Secretaría de Estado do Tesouro de Portugal encomendoulle un estudo sobre a introdución e a comercialización de moedas emitidas con fins numismáticos, que supuxo a base para a regulación deste tipo de emisións, mediante un decreto-lei de 1983."António Miguel Trigueiros. Notícia Bio-Bibliográfica". Academia.edu. Páxina 3.
Co seu ingreso na Imprensa Nacional - Casa da Moeda en 1985, como director do Departamento de Moeda e Produtos Metálicos, conseguiu conxugar os seus dous intereses: a enxeñaría e a numismática. Nesta entidade lanzou unha nova liña de produtos monetarios baseada na cuñaxe e comercialización de moedas con acabamentos especiais, destinadas ao coleccionismo numismático, algunhas delas recoñecidas nos premios Moeda do Ano.
Entre 1987 e 2001 foi e vogal da Comisión Nacional para as Conmemoracións dos Descubrimentos Portugueses.
En 2010 lanzou a súa propia plataforma dixital (Estudosdenumismatica.org), sen ánimo de lucro, onde están dispoñibles case todos os seus traballos sobre numismática publicados desde 1974."António Miguel Trigueiros. Notícia Bio-Bibliográfica". Academia.edu. Páxina 4.
Vida persoal António Miguel Trigueiros casou con Maria Delfina Saraiva, con quen tivo catro fillos."Família Trigueiros. Genealogia, heráldica e história". Familiatrigueiros.blogspot.com
Recoñecementos
(1992): Premio Vreneli, da revista numismática suíza Münzen Revue. (2019): Académico Honorario da Academia Portuguesa da Historia."Academia Portuguesa da História recebe 12 novos membros na próxima semana ". En Sapo. 5 de xaneiro de 2019.
Publicacións António Miguel Trigueiros ten unha abundante produción de artigos sobre numismática portuguesa, publicados fundamentalmente na revista Moeda, mais tamén noutras como Nvmmvs ou The Numismatist. Esta é unha escolma dos seus traballos monográficos, varios deles editados como separatas da revista Numisma."Trigueiros, António Miquel Forjaz Pacheco 1944- ". Digital Library Numis."António Miguel Trigueiros. Books". Academia.com. Páxinas 6-12.
(1983). Moeda dos Descobrimentos. Prestígio de Portugal no Mundo. Lisboa. (1989). Estudos de Notafilia. Separata de Numisma, nº 61. Lisboa. (1990). Cobre amoedado para a África Portuguesa: 1867-1879. Separata de Nvmmvs. Parte I: Capítulo I. Parte I: Capítulos II-V. Parte II. Sociedade Portuguesa de Numismática, Porto. (1992). Moedas Portuguesas na Época dos Descobrimentos, 1385-1580 (con A. Gomes). Ed. Alberto Gomes, Lisboa. ISBN 9789729577406 (2003). A Grande História do Escudo Português. Coleccões Philae, Lisboa. ISBN 9789729901300 (2008). Inéditos da Real Ordem Portuguesa da Torre e Espada, 1808-2008, no Centenário da sua Instituição. Separata de Moeda, Lisboa. (2009). Códices Portugueses Quinhentistas Iluminados com Moedas. Separata de Moeda, Lisboa. (2015). A Conceição: Moeda, Medalha e Venera da Padroeira de Portugal 1646-1996. Lisboa. (2018). A Viagem das Insígnias. Valor e Lealdade. 1818-2018. Lisboa. (2021). A conceição de Portugal e do Brasil : moeda, medalha e insignia honorifica. Lisboa. ISBN 9789893321164
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
"António Miguel Trigueiros. Notícia Bio-Bibliográfica". Academia.edu. "Trigueiros, António Miguel". En Coins Weekly. 14 de xullo de 1922.
Ligazóns externas
Estudosdenumismatica.org
Categoría:Nados en 1844 Categoría:Nados en Coímbra Categoría:Numismáticos de Portugal Categoría:Enxeñeiros químicos Categoría:Enxeñeiros de Portugal Categoría:Personalidades sen imaxes