Thomas Dale Akers, nado en Saint Louis, Missouri, o 20 de maio de 1951, é un astronauta estadounidense retirado que formou parte das misións STS-61, STS-41, STS-49 e STS-79.
Traxectoria Akers graduouse en ciencias pola Universidade de Missouri-Rolla en 1973 e é máster en matemática aplicada pola mesma universidade en 1975.
Foi seleccionado como astronauta pola NASA en 1987, participando nas misións STS-61, STS-41, STS-49 e STS-79 e pasando un total de 33,95 días no espazo. Akers, militar, retirouse da NASA en agosto de 1997 para regresar á Forza Aérea dos Estados Unidos como comandante.
Notas
Véxase tamén
Outros artigos STS-61 STS-41 STS-49 STS-79
Categoría:Astronautas dos Estados Unidos de América Categoría:Nados en 1951 Categoría:Nados en Missouri