Papías foi un almirante romano no século I a.C. Durante as guerras civís romanas participou na Guerra de Sicilia como un dos almirantes baixo o mando de Sexto Pompeio.
Traxectoria Canto se sabe del provén de Apiano que menciona a Papías varias veces na súa obra De bellis civilibus (en galego, As guerras civís [Emphylia, Ἐμφύλια]), cando describe a loita por Sicilia. No verán do 36 a. C., Papías atacou a frota de Lépido que estaba a transporta-lo seu exército de invasión dende África a Lilybaeum (Marsala) no suroeste de Sicilia. Aínda que conseguiu inflixir grandes perdas á frota de Lépido, pois das catro lexións, conseguiu destruír dúas,Apiano (1985), Libro V, 104, p. 325 non puido impedir que as outras dúas desenbarcasen e se reunisen con Lépido.Burchett (1720), p. 169 Máis tarde, o 11 de agosto do mesmo ano, dirixiu a frota de Sexto Pompeio que se enfrontou a Agripa na batalla de Mylae.
Batalla de Mylae Durante o curso da batalla, o propio barco de Papías foi embestido pola proa do barco de Agripa e afundido pero logrou nadar ata outro barco da súa frota que estaba preto e continuou a batalla.Apiano (1985) Libro V, 107, p. 327 Non obstante, Sexto Pompeio, que observou a batalla dende a costa, ordenou a retirada despois de recoñecer que a batalla parecía inclinarse a favor de Agripa e que tamén lle chegaban reforzos. Papías conseguiu unha retirada ordenada da frota cara a zonas de escaso calado, onde os barcos máis grandes e pesados da frota de Agripa non se atreviron a seguilos. Tras perder trinta barcos e afundir cinco, os restantes 17 barcos que Papías conseguiu salvar, escaparon, e navegaron cara aos seus portos.Apiano (1985), Libro V, 108, p. 328
Con posterioridade á batalla de Milae, Papias desaparece e non volve ser mencionado, descoñecéndose o seu destino.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Categoría:Nados no século -I Categoría:Finados no século -I Categoría:Personalidades da Roma antiga do século -I Categoría:Pompeianos