Íntimas é a única novela da escritora boliviana Adela Zamudio, publicada en 1913 pola editorial Velarde. Malia non ter unha boa acollida na época, considérase na actualidade unha das "15 novelas fundamentais de Bolivia", seleccionadas por académicos e escritores do país.
Argumento Íntimas é unha novela epistolar ambientada a principios do século XX en Bolivia. Está dividida en dúas partes: a primeira comprende as cartas que Juan lle escribe a Armando, e a segunda parte componse das cartas de Antonia a Gracia. Unha particularidade da novela é que o público lector le as epístolas de Juan e de Antonia, mais non as respostas de Armando e Gracia.
Na primeira parte, Juan relátalle ao seu amigo e socio de negocios Armando o que lle sucede durante a súa estadía no departamento de Cochabamba. Cóntalle como conxenia con Gracia, irmá da súa cuñada Casta, mentres se aloxa na casa do seu irmán Modesto. Tamén lle conta o que lle sucede na cidade e como coñece a súa futura esposa, Blanca Rocha.
Na segunda parte, Antonia cóntalle a Gracia a triste historia da moza Evangelina Paz, quen, por mor de falsos rumores, non pode casar co home que ama e acaba por recluirse na soidade.
Estrutura
Primeira parte Na primeira parte da novela, Juan envíalle a Armando 11 cartas. A primeira é do 28 de outubro de 1906 e a última do 1 de xullo de 1907:
28 de outubro de 1906 2-4 de novembro de 1906 9-11 de decembro de 1906 20 de xaneiro de 1907 9-13 de febreiro de 1907 23 de marzo de 1907 2 de maio de 1907 15 de maio de 1907 9 de xuño de 1907 15 de xuño de 1907 1 de xullo de 1907
Segunda parte Na segunda parte da novela, Antonia envíalle a Gracia dúas extensas cartas:
10 de febreiro de 1907 9 de agosto de 1907
Crítica esquerda|miniatura|Retrato de Adela Zamudio Na súa época recoñecíase a Adela Zamudio polo seu traballo poético. Íntimas, a súa primeira e única novela, publicouse con moitos defectos pola editorial Velarde da Paz. Despois da dura crítica que seguiu á súa publicación, a autora retirou de circulación os poucos exemplares que había e non volveu escribir unha obra semellante.
Un crítico da prensa de Cochabamba aconselloulle á "señorita Zamudio" que seguise escribindo poemas, que "iso sabíao facer ben", mais que "deixase en paz a novela", que era "unha cousa de homes".
A finais do século XX o profesor de Literatura latinoamericana da Universidade de Oregón Leonardo García Pabón redescubriu a novela, e concluíu entón que a crítica do seu tempo xulgara Íntimas de forma inxusta, baseada esencialmente en prexuízos machistas.
En 1999 García Pabón preparou a segunda edición da novela, que saíu en Plural Editores na colección Clásicos de Bolivia' Outra reedición crítica posterior abriu na citada editorial a serie Letras Fundacionales de Bolivia. Era a segunda vez que Íntimas se publicaba e a primeira que se facía nunha boa edición. En 2012 Íntimas foi incluída na relación das "15 novelas fundamentais de Bolivia", publicada polo Ministerio de Culturas e Turismo. Recollía a lista que elaborara en agosto de 2009 un grupo de 31 académicos, escritores e directores de revistas e suplementos literarios.
No Diccionario Crítico de Novelistas Bolivianas, Willy Óscar Muñoz escribe:
Considérase Íntimas a primeira novela feminista de Bolivia. Nunha carta ao seu amigo Claudio Peñaranda, Zamudio díxolle:
Segundo García Pabón, esta afirmación confirma a orientación feminista da novela. Por unha banda, busca ser "un espazo de definición dunha subxetividade feminina sen presenza dominante masculina". Por outra banda, reflicte a postura de Adela Zamudio non só como unha muller socialmente activa, senón tamén como escritora.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Adela Zamudio Íntimas, fragmentos en Google Books da edición preparada por García Pabón; Plural Editores, A Paz, 2007 Alba María Paz Soldán. Adela Zamudio: imagen y escritura, revista Ciencia y Cultura, nº 24, A Paz, xuño de 2010
Categoría:Obras literarias de 1913 Categoría:Obras literarias en castelán Categoría:Novelas ambientadas en Bolivia