miniatura|333x333px| Un filón de cuarzo, deixada destacada como resultado da meteorización da rocha circundante.

Filón, vea ou veta é a designación que se dá en xeoloxía e petroloxía aos corpos foliares de diferentes materiais, ás veces duns poucos milímetros de espesor, incrustados nunha masa rochosa ou rocha.

Composición e formación O filón está formado xeralmente por minerais distintos dos presentes na rocha hóspede. Fórmanse cando os constituíntes minerais transportados por unha solución acuosa que se filtran (percolación) a través da rocha son depositados por precipitación. O fluxo hidráulico subxacente ao proceso adoita ser debido á circulación hidrotermal.

Etimoloxía Filón provén do latín filum (fío) e este da raíz indoeuropea *gwhi (filamento).

Vea provén, o mesmo que a acepción biolóxica de vea, do latín vena, que designaba a todo tipo de condutos.

Veta provén do latín vitta (lazo, banda). A palabra latina provén da raíz indoeuropea *wei (dobrar, torcer).

Notas

Véxase tamén

Categoría:Xeoloxía estrutural