Manuel Martínez Vázquez, coñecido como O Marión, nado en Mourente (Pontevedra) cara a 1903, foi un loitador antifranquista galego.

Traxectoria Albanel. Militante do PCE, formou parte da directiva do partido en Pontevedra. Coa folga xeral revolucionaria de 1934 foi detido e procesado por chamar ao veciños á folga.El Pueblo Gallego, 14-10-1934, p. 9. Logo do golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 integróuse no Comité de Defensa da República de Pontevedra e despois fuxiu. Estivo agochado e foi declarado en rebeldía. En agosto de 1940 foi condenado polo Tribunal de Responsabilidades Políticas a 10 anos de desterro a 150 quilómetros de Pontevedra, 10 anos de inhabilitación absoluta e multa de 250 pesetas.BOE, 6-10-1940, p. 4665. Entregóuse o 29 de xaneiro de 1948. Foi xulgado en Pontevedra por auxilio á rebelión e condenado a 12 anos e 1 día de prisión. Extinguiu a pena por indulto o 14 de maio de 1948.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Represión en Mourente

Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Nados en Pontevedra Categoría:Nados en 1903 Categoría:Finados en ano descoñecido