Arantxa Iturbe Maiz, nada en Alegia, Guipúscoa, o 9 de xuño de 1964, é unha xornalista, locutora e escritora vasca.
Traxectoria Arantxa Iturbe Maiz é licenciada en Ciencias da Información pola Universidade de Navarra. Desde a década dos 80 traballa na emisora Euskadi Irratia. Na década de 1990 comezou como articulista nos xornais el Diario Vasco e posteriormente en Gara.
En 1992 deuse a coñecer como escritora, a súa obra teatral Maite, maite, maitea publicada polo Goberno Vasco pasou a emitirse na radio como radionovela.
Ademais en 1992 publicou o seu primeiro de contos Ezer baino lehen e en 1995 publicou o segundo, Lehenago zen berandu. En ambos os libros de contos o tema principal son as relacións interpersoais e sobre todo a relación amorosa, coas mulleres como protagonistas máis destacados. En moitos dos seus contos fala da soidade das parellas, os malentendidos e os celos. O seu estilo é próximo ás formas orais e sempre se mostrou partidaria da prosa sinxela e directa. Cando publicou o seu primeiro libro de contos e declarou que fixera un libro "lixeiro", tivo que escoitar críticas negativas que a obrigaron a declarar na presentación do seu segundo libro que a literatura lixeira e a subliteratura son cousas moi diferentes. As relacións interpersoais son o principal tema deses dous libros de relatos, pero unhas relacións levadas a extremos, con situacións incómodas, froito do destino ou da mala sorte.
En 1999 publicou Ai, ama!, enmarcable no xénero do ensaio e no que reflexiona sobre os inconvenientes, as dúbidas e as satisfaccións que entraña a maternidade. Esta obra, editada por Alberdania, constituíu un éxito de vendas e no 2001 Agurtzane Intxaurraga preparou unha versión teatral, en colaboración coa propia escritora. Nsa VI edición dos Premios Max, das Artes Escénicas en España que se celebraron o 5 de maio de 2003 recibiu o primeiro premio na categoría de mellor autor teatral en éuscaro por Ai, ama! Gañou este premio noutras dúas ocasións, en 2005 por Ixa / Equis e en 2011 por Aitarekin bidaian.
No ano 2000 recibiu o premio de xornalismo Rikardo Arregi polo seu traballo como locutora e condutora do programa Goizean Behin.
No 2001 publicou Nik eserita egiten dut eta zer? coa que iniciou a súa andaina na literatura infantil. Esta obra foi traducida a varios idiomas entre outros ao castelán e catalán, galego...
En 2006 publicou a obra Kontu-jaten onde se recollen os testemuños vitais de mulleres nadas nas primeiras décadas do século XX mesturando a realidade cun punto de ficción. O libro non é unicamente a transcrición dos testemuños recolleitos en vídeo senón unha novelización das súas vidas.
En 2022 participou en "Un verán en Galeusca", proxecto impulsado entre VilaWeb, Berria e Nós Diario co relato Ves?
Obra literaria
Ensaio
Ai ama! (1999). Alberdania.
Literatura infantil
Nik eserita egiten dut eta zer? (2001). Elkar Amona basoan galdu zenekoa (2003). Elkar Norak suhiltzaile izan nahi du (2003). Elkar
Relatos
Ezer baino lehen (1992). Elkar Lehenago zen berandu (1995). Alberdania. Bakarrizketan (2001). Alberdania. Kike Amonarriz, Pako Aristi, Harkaitz Cano, Andoni Egaña... recompilación de varios escritores e escritoras vascas. Kontu-jaten: gure herriko emakume eskarmentudunen mahaian (2006). Alberdania. Honetara ezkero (2017). Susa.
Novela
Koaderno zuria (2017). Elkar
Teatro
Maite, maite, maitea (1-15) (1992). Eusko Jaurlaritza)
Obras levadas ao teatro
Kabaretztei (2017). Hika Teatroa. Gutun zuria (2016). Hika Teatroa. Ilargiaren bi aldeak (2011). Hika Teatroa. Aitarekin bidaia (2009). Hika Teatroa. Zeta (2005). Alessandro Bariccoren obraren itzulpena eta egokitzapena. Chaplin tropela (1990). Hika Teatroa.
Traducións Obras de Arantxa Iturbe traducidas a outros idiomas:
Nik eserita egiten dut
Jo ho faig assegut (Barcelona: La Galera, 2001) trad. Maria Josep Escrivà i Vidal Jo ho faig assegut (Valencia: Tandem, 2008) trad. Maria Josep Escrivà i Vidal (en galego) Eu fágoo sentado (Vigo: Galaxia, 2001) trad. Xesús Carballo Soliño (en aragonés) Eu o foi asentato (Villanueva de Galligo: Xordica, 2001) trad. Chabier Tomás Arias Fáigolo sentáu ¿y qué? (Gijón: Llibros del Pexe, 2001) trad. Xilberto Llano (en castelán) Yo lo hago sentado (Barcelona: La Galera, 2001) trad. Jorge Giménez
Ai ama!
(en castelán) ¡Ay, madre!(Irún: Alberdania, 2001) trad. Jorge Giménez (en castelán) ¡Ay, madre! (Irún: Alberdania-Alga, 2006) trad. Jorge Giménez
Lehenago zen berandu
(en castelán) Ya ni siquiera es tarde! (Irún: Alberdania, 2005) trad. Jorge Giménez
Hamaika arrosa
(en castelán) Once rosas in Otamendi, J.L., Desde aquí (Antología del cuento vasco actual), (Hiru, 1996) trad. B. Montoio
Maria eta Jose ; Pano gorria lepoan
(en castelán) María y José; El pañuelo rojo in Olaziregi, M.J., An anthology of Basque short stories (Center for Basque Studies, 2004) trad. A. Gabantxo Maria e Jose; Un foulard rosso al collo in Olaziregi, M.J. Pintxos. Nuovi racconti baschi” (Gran Via Edizioni, 2005) trad. R. Gozzi (en polaco) Maria i Józef; Czerwona chusta na szyi in A.A, Kontu-kontari. Opowiadania baskijskie (TIPI, 2001) trad. A. Wiacek
Nik arrazoi; Gehiago galderarik ez
(en polaco) Mialam Racje; Tylko zádnych prosze! in Pewnej nocy w parku: opowiadania baskijskie (Rebis: 2000) trad. A. Szofer & A. Zawiszewski
Gehienez bost hilabete
Five months at most in Ayerbe, M. Our wrs: short fiction on basque conflicts (Center for Basque Studies, 2012) trad. A. Gabantxo
Premios
Premios literarios
Riiiiing Julene Azpeitia Saria, 1999 Maiteak, denak Donostia Hiria Saria, 2001
Premios de teatro
Premios Max. VI edición. 2003. Autoría teatral en éuscaro. Ai ama! Premios Max. VIII edición. 2005. Autoría teatral en éuscaro. Ixa / Xe Premios Max. XIV edición. 2011. Autoría teatral en éuscaro. Aitarekin bidaian
Notas
Véxase tamén Ligazóns externas Arantxa Iturbe en Basqueliterature Entrevista sobre a novela Koaderno Zuria Artigo sobre o premio Rikardo Agirre A viaxe do meu pai, mostras en varios idiomas da obra teatral de 2009
Categoría:Xornalistas do País Vasco Categoría:Escritores do País Vasco Categoría:Nados en Alegia Categoría:Nados en 1964 Categoría:Alumnos da Universidade de Navarra