Philip William Poole Carlyon-Britton, nado en Bristol o 13 de outubro de 1863 e finado en Fishbourne, Sussex, o 26 de xuño de 1938, foi un numismático inglés.

Traxectoria Philip Carlyon-Britton naceu en Bristol, Gloucestershire, o 13 de outubro de 1863, fillo máis vello de Hannah Canter Poole e do empregado de banca Henry William Britton.Worthy, C. (1896). "The Brittons of Britton". Páxina 373."Philip William Poole (Britton) Carlyon-Britton (1863 - 1938)". WikiTree.com

Carlyon-Britton estudou Dereito e exerceu a profesión de avogado.

Foi eilixido membro da Royal Numismatic Society, de Londres, en 1894."List of members". En The Numismatic Chronicle. Vol.XIX. 1899. Royal Numismatic Society. Páxina 5.

En 1904 formou parte do grupo de numismáticos que fundaron unha nova sociedade, a British Numismatic Society. Foi tamén o primeiro presidente desta institución, ata 1908, e posteriormente no período 1910-1914 e novamente en 1928."History: Presidents of the Society". British Numismatic Society.Shirley Fox, J. (1938). "Obituary: Major P. W. P. Carlyon-Britton". En British Numismatic Journal. Vol. 23. 14. Páxinas 169-170.

Carlyon-Britton foi tamén editor do xornal British Numismatic Journal, órgano de expresión da British numismatic Society, durante os seus dez primeiros números."Carlyon-Britton, Philip William Poole, Major". British Numismatic Society.

Philip Carlyon-Britton foi membro da Sociedade de Anticuarios de Londres."Maj Phillip William Poole Carlyon-Britton". The British Museum.

Vida persoal Philip Carlyon-Britton casou con Agnes Cassandra Carlyon o 8 de setembro de 1886, na igrexa de San Xoán Evanxelista de Clifton, Gloucestershire. A parella tivo catro fillos.

Faleceu aos 74 anos, o 26 de xuño de 1938, en Fishbourne, Sussex.

Recoñecementos

(1910): Medalla Sanford Saltus, da British Numismatic Society, de Londres."Sanford Saltus Gold Medal". British Numismatic Society.

A colección Carlyon-Britton Como coleccionista logrou reunir unha importante colección de moedas e outros obxectos de orixe celta, romano-británica e normanda, que foi vendida en poxas públicas entre 1900 e 1918. Estes son os catálogos redactados para as devanditas poxas:

(1900). Catalogue of the important and valuable Collection of English Gold and Silver Coins the property of P. Carlyon-Britton (con Sotheby, Wilkinson & Hodge). Dryden Press, Londres. (1916). The Carlyon-Britton Collection of Coins. II: Anglo-Saxon and Norman Coins (con Sotheby, Wilkinson & Hodge). Dryden Press, Londres. (1918). The Carlyon-Britton Collection of Coins. III: Anglo-Saxon and Norman Coins (con Sotheby, Wilkinson & Hodge). Dryden Press, Londres.

Publicacións Esta é unha escolma dos traballos monográficos publicados por Carlyon-Britton ao longo da súa historia:"Carlyon-Britton, Philip William Poole 1863-1938 ". Digital Library Numis."Carlyon-Britton, P. W. P. (Philip William Poole) 1863-". WorldCat Identities.

Dereito

(1900). The Registers of Bitton Co. Gloucester. The Parish Register Society, Londres. (1900). The Registers of Hanham and Oldland, Gloucester. The Parish Register Society. (1906). A Treatise on the Law concerning Names and Changes of Name (con A. C. Fox-Davies). E. Stock, Londres.

Numismática

(1902). On the coins of William I and II, and the sequence of types. Separata de Numismatic Chronicle, Londres. (1902). William I & II: their mints and moneyers. Spink, Londres.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Shirley Fox, J. (1938). "Obituary: Major P. W. P. Carlyon-Britton". En British Numismatic Journal. Vol. 23. 14. Páxinas 169-170. Worthy, C. (1896). Devonshire wills: a collection of annotated testamentary abstracts, together with the family history and genealogy of many of the most ancient gentle houses of the west of England. Bemrose & sons, Londres.

Categoría:Nados en 1863 Categoría:Finados en 1938 Categoría:Numismáticos do Reino Unido Categoría:Galardoados coa medalla Sanford Saltus Categoría:Membros da Sociedade de Anticuarios de Londres Categoría:Coleccionistas Categoría:Personalidades sen imaxes