A Universidade de Calcuta (en bengalí কলিকাতা বিশ্ববিদ্যালয় , en ) é unha universidade pública situada na cidade de Bengala Occidental, capital do estado de Calcuta, India. É recoñecida na India como unha "Universidade de Cinco Estrelas" e un "Centro Potencial de Excelencia" polos organismos federais responsables da calidade da educación superior no país.
Historia
O doutor Fredrick John, secretario de Educación do Goberno británico na India, presentou por primeira vez en Londres unha proposta para o establecemento dunha universidade en Calcuta, segundo o modelo da Universidade de Londres. En 1854, o Tribunal de Directores da Compañía das Indias Orientais enviou un informe, coñecido como Wood's Despatch, ao gobernador xeral da India para establecer universidades en Calcuta, Madrás e Bombai.A Universidade de Calcuta foi oficialemente fundada o 24 de xaneiro de 1857.
Alumnado En 2015, contaba con 22.520 estudantes, entre eles 1.121 no máster e 1.631 no doutoramento; contando alumnos online e noutras modalidades a cifra é máis do dobre.
Alumnos destacados Hai varios gañadores do Premio Nobel asociados á universidade de Calcuta: Ronald Ross, Rabindranath Tagore, Chandrasekhara Venkata Raman, Amartya Sen e Abhijit Banerjee.
Tamén estudaron na universidade os escritores Nirad C. Chaudhuri e Bankim Chandra Chattopadhyay, o director de cine Satyajit Ray, o músico Bankim Chandra Chattopadhyay, compositor do himno nacional da India, o empresario Lakshmi Mittal, o físico teórico Satyendra Nath Bose, a química Asima Chatterjee, o filósofo Mircea Eliade, a filósofa Gayatri Chakravorty Spivak, os relixiosos Swami Vivekananda e Paramahansa Yogananda (introdutor do ioga en Occidente), varios gobernadores de Bihar e Odisha, o primeiro presidente da India, Rajendra Prasad (1950–1962), varios primeiros ministros de Bangladesh e presidentes como o fundador Sheikh Mujibur Rahman, e varios primeiros ministros de Paquistán e do Nepal.
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas Sitio oficial (en inglés)
Categoría:Universidades da India