José Luis Blanco Vicente, coñecido como Quintín, nado en Manzaneda o 8 de decembro de 1883 e finado en Madrid o 13 de novembro de 1966, foi un médico e político galego.
Traxectoria Foi condenado por roubo en febreiro de 1904.El Miño, 11-2-1904, p. 2. Procesado por violación de domiclio e estafa no xulgado da Pobra de Trives, marchou a Cuba en 1906;Gaceta de Madrid, 14-8-1906, p. 672.Gaceta de Madrid, 27-11-1906, p. 787. despois pasou aos Estados Unidos de América, onde se fixo médico. Retornou a Manzaneda e exerceu como médico. En 1920 foi denunciado polo Colexio Médico de Ourense por exercer a medicina sen titulación e detido."Un falso médico norteamericano", La Región, 11-2-1920, p. 1.España Médica, 1-3-1920, 1-2. Volveu marchar a América.
Retornou a Manzaneda na República. Cando se produciu o golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 era o alcalde de Manzaneda. Fuxiu, pero foi detido en Manzaneda o 5 de agosto.El Ideal Gallego, 22-8-1936, p. 3. Volveu ser detido o 5 de xullo de 1937 e internado na Prisión da Pobra de Trives, de onde pasou á Prisión Provincial de Ourense o 10 de decembro de 1937. Foi xulgado en Ourense o 7 de xaneiro de 1938 na causa 48/36 por infidelidade na custodia de documentos. Pasou á Prisión de Oseira a principios de febreiro e reingresou na de Ourense o 19 dese mes. Foi trasladado a Irún para un intercambio de presos o 28 de xuño. Ingresou na Prisión do Partido de Tolosa o 30 de xullo de 1938, de onde foi trasladado á Prisión Provincial de Donostia o 11 de novembro.Ficha en Tolosa Oroimena Foi un dos intercambiados polos 147 refuxiados na embaixada de Cuba en Madrid en novembro de 1938,La Vanguardia, 26-11-1938, p. 2. e pasou á zona leal.Ficha no Centro Documental da Memoria Histórica Ao rematar a guerra exiliouse en Francia. Abríronlle expediente de responsabilidades políticas en novembro de 1941.BOE, 3-12-1941, p. 4471-4472.
Vida persoal Casou en Barranquilla (Colombia) con Isabel Carracedo Barrio en 1927.El Diario de Pontevedra, 18-8-1927, p. 2. Volveu casar en Perpiñán con Ladislaa Olagüe Goñi en 1940.
Notas
Véxase tamén Bibliografía
Ligazóns externas Expediente persoal do recluso José Luis Blanco Vicente Expediente de responsabilidades políticas de Antonio Bravo González, Luciano Medeiros Diéguez, Simón Ramos Morgade, José Luis Blanco Vicente, Antonio Pérez Jares e Vicente Vila Barros.
Categoría:Galegos dos Estados Unidos de América Categoría:Médicos de Galicia Categoría:Represaliados polo franquismo Categoría:Exilio galego Categoría:Galegos de Francia Categoría:Nados en Manzaneda Categoría:Nados en 1883 Categoría:Finados en 1966