Ignas Brazdeikis, nado o 8 de xaneiro de 1999 en Kaunas, é un xogador profesional de baloncesto lituano que xoga para o BC Žalgiris Kaunas lituano. Cunha estatura de 1,98 metros xoga nas posicións de ala e escolta.

Traxectoria profesional O 20 de xuño de 2019, Brazdeikis foi elixido na 47ª posición do Draft da NBA de 2018 polos Sacramento Kings, e foi traspasado ós New York Knicks. O 6 de xullo de 2019, asinou cos Knicks o seu contrato de rookie. Debutou na NBA o 3 de novembro de 2019 contra os Sacramento Kings, facendo catro puntos na derrota dos Knicks por 113–92.

O 25 de marzo de 2021, Brazdeikis foi traspasado ós Philadelphia 76ers, e foi cortado tras participar tan só nun partido co equipo.

O 2 de maio de 2021, Brazdeikis asinou un contrato de dez días cos Orlando Magic. Debutou cos Magic o día seguinte, facendo 14 puntos na vitoria de Orlando por 119–112 contra os Detroit Pistons. O 12 de maio de 2021, Brazdeikis asinou cos Magic para o resto da tempada 2020-21. O 12 de agosto de 2021, asinou un novo contrato con Orlando e o seu afiliado na NBA G League, os Lakeland Magic.

O 24 de xullo de 2022, Brazdeikis asinou un contrato de dous anos co equipo da súa cidade natal, o BC Žalgiris Kaunas.

Notas

Véxase tamén Ligazóns externas Perfil en NBA.com Estatísticas en Basketball-Reference.com

Categoría:Nados en 1999 Categoría:Nados en Kaunas Categoría:Xogadores de baloncesto de Lituania Categoría:Alas de baloncesto Categoría:Escoltas de baloncesto Categoría:Xogadores de baloncesto da NBA Categoría:Eleccións no Draft da NBA dos Sacramento Kings Categoría:Xogadores dos New York Knicks Categoría:Xogadores dos Philadelphia 76ers Categoría:Xogadores dos Orlando Magic Categoría:Xogadores do BC Žalgiris Kaunas