Robert W. Julian, nado o 8 de decembro de 1938, é un numismático estadounidense.

Traxectoria Julian acadou un mestrado en Historia dos Estados Unidos e posteriormente, en 1963, unha especialización en Matemáticas na Universidade Purdue, en West Lafayette, Indiana. Desenvolveu a súa carreira profesional como profesor de Matemáticas no ensino decundario en Logansport, no mesmo estado, ata 1994. A partir dese ano pasou a exercer a tempo completo como escritor numismático.Smith, P. (2012).

A súa afección pola numismática comezara xa na súa infancia; aos 11 anos comezou a súa colección de moedas. De formación autodidacta, converteuse nun colaborador habitual con artigos sobre numismática en revistas e xornais especializados como Coin World, Legacy, The Numismatist, Numismatic News, Whitman Numismatic Journal ou Numismatic Scrapbook Magazine.

Tamén foi editor do Journal of the Russian Numismatic Society entre 1999 e 2011.

Entre outras entidades asociativas, Julian é membro da American Numismatic Society, da Central States Numismatic Society, da Royal Numismatic Society e da British Numismatic Society."Robert W. Julian named 2012 ANA Numismatic of the Year ". American Numismatic Association.

Recoñecementos

1977: Premio Literario da Token and Medal Society."TAMS Literary Award". Tokenandmedal.org 1992: Premio Clemy, do Numismatic Literary Guild (NLG). 1998: Ingreso no Numismatic Hall of Fame, da American Numismatic Association."American Numismatic Association Past Award Recipients". American Numismatic Association. 2001: Premio Embaixador Numismático, de Florida United Numismatists (FUN)."Numismatic Ambassador Award Winners". Florida United Numismatists (FUN). 2002: Premio Burnett Anderson Memorial, de ANA, ANS e NLG."Past Service Award Recipients ". American Numismatic Association."R.W. Julian recieves Numismatic Writing Award ". American Numismatic Association. 3 de agosto de 2002. 2012: Numismático do ano, pola American Numismatic Association. 2021: Inclusión da lista das persoas máis influentes en numismática de 1960-2020, da revista Coin World.The Most Influential People in Numismatics 1960-2020. Coin World. Páxina 97.

Publicacións Ademais dunha importante cantidade de artigos e colaboracións en diversos xornais e revistas especiaclizados, Julian publicou varios traballos monográficos, entre os que cabe salientar os seguintes:"Julian, R. W.". WorldCat Identities.

(1974). Czarist rule leaves imprint on Polish coins (1815-1841). Sidney, Ohio. (1977). Medals of the United State Mint. The First Century 1792-1892 (con N. Neil. Harris). Token and Medal Society. El Cajon, California. ISBN 9780918492012 (1989). Medals of the United States Assay Commission, 1860-1977. Token and Medal Society. Lake Mari, Florida. (1993). Russian Silver Coinage, 1796-1917. Logansport. (1993). Silver Dollars & Trade Dollars of the United States. Bowers and Merena Galleries, Wolfeboro. ISBN 0-943161-48-7 (2013). The encyclopedia of United States silver dollars 1794-1804 (con Q. David Bowers). Stack's Bowers Galleries. Irvine (CA). ISBN 9780988740303

Notas

Véxase tamén

Bibliografía

Smith, P. (2012). "Julian, Robert W.". En American Numismatic Biographies. Páxina 205.

Categoría:Nados en 1938 Categoría:Finados en 1998 Categoría:Numismáticos dos Estados Unidos de América Categoría:Galardoados co premio Burnett Anderson Memorial Categoría:Galardoados co premio Clemy Categoría:Alumnos da Universidade Purdue Categoría:Personalidades sen imaxes