Oceanic Airlines é unha aeroliña ficticia empregada en filmes e series de televisión. Debido a que en moitos filmes e series de televisión teñen na súa historia un ou máis avións que sofren un desastre, a utilización de nomes e logotipos de empresas reais non é desexado; Oceanic Airlines, é unha escolla popular e unha alternativa ficticia.

Os produtores do filme Executive Decision, de 1996, para a rodaxe das tomas exteriores do avión, pintaron un Boeing 747 real coas cores e o logotipo desta compañía. Estas imaxes foron reutilizadas nun gran número de filmes e de series de televisión.

A serie de televisión da ABC, Lost tamén presentan a Oceanic Airlines, mais non empregan imaxes recicladas xa existentes do filme Executive Decision, e utilizan o seu propio logotipo da Oceanic Airlines.

Filmes e series de televisión que se refiren a Oceanic Airlines Orixinal Code 11-14 Executive Decision — o voo 343 de Oceanic de Atenas a Dulles (Virxinia) foi secuestrado por terroristas. Lost — o voo 815 de Oceanic, que ía desde Sydney ata Os Ánxeles, desintegrouse no aire, partíndose á metade, e caeu nunha misteriosa illa ao sur do océano Pacífico.

Imaxes reutilizadas After the Sunset Alias — Oceanic é mencionada no aeroporto de Sydney, no cal é a orixe do voo da Oceanic en Lost. Isto poderá indicar unha ligazón entrámbalas series (ambas creadas por J. J. Abrams) Category 6: Day of Destruction JAG LAX — publicidade nos computadores no terminal do aeroporto dos Ánxeles no episodio Senator's Daughter. Nowhere to Land Panic in the Skies

Outras Ctrl+Alt+Del: A personaxe Ethan tenta comprar un billete para un voo da Oceanic nunha banda deseñada datada a 6 de marzo de 2006.

Véxase tamén Ligazóns externas Oceanic Airlines: The Unfriendly Skies Lost Airliners.net Avião a jacto do Lost - Uma história fotográfica do Lockheed L1011 Tristar desmantelado para o escenario da serie Lost. Oceanic teaser site

Categoría:Compañías ficticias Categoría:Cinema Categoría:Ficción Categoría:Lost