Johann Zahn, tamén Joanne Zahn, nado en Karlstadt am Main o 29 de marzo de 1641 e finado o 27 de xuño de 1707, foi un premonstratense, escritor, inventor e matemático alemán. Formouse en Würzburg, sendo alumno de Caspar Schott, despois foi profesor da Universidade de Würzburg.

Inventos

Lanterna máxica Autor de Oculus Artificialis Teledioptricus Sive Telescopium (Würzburg, 1685). Esta obra contén moitas descricións, diagramas, ilustracións e esbozos tanto da cámara escura como da lanterna máxica, e diversas caixas e dispositivos de proxección. Como estudante de óptica, Zahn é considerado o escritor e ilustrador máis prolífico sobre a cámara escura máis prolífico.

Zahn usou a lanterna máxica, cuxa invención atribuíu a Athanasius Kircher, para as lecturas de anatómica (véxase tamén anfiteatro anatómico). Tamén ilustrou un grande obradoiro de cámara escura para observacións solares usando o telescopio. Zahn fixo unha cámara escura duns 60 cm de longo. Demostrou o uso de espellos e lentes para levantar a imaxe, ampliala e enfocala. Tamén deseñou varias cámaras escuras portátiles, unha delas levada por J. W. von Goethe nas súas viaxes. Ademais, Zahn incluíu unha ilustración dunha cámara escura en forma de cáliz, baseada nun deseño descrito (ilustrado) por Pierre Hérigone.

Cámara fotográfica portátil A primeira cámara fotográfica, que era o suficientemente pequena e portátil como para ser práctica para a fotografía e que podía capturar a imaxe nalgún tipo de soporte, foi creada por Zahn en 1685, aínda que foi case 150 anos antes de que a tecnoloxía chegase a un punto no que fose posible construíla.miniatura|Oculus artificialis teledioptricus, 1685

En Oculus Artificialis, a extensa descrición de Zahn da lanterna máxica, xunto con outras doce lanternas diferentes, inclúe algunhas destas lanternas que mostras por primeira vez cubertas con lentes. Esta foi unha evolución moi importante na historia da cámara fotográfica, porque significaba que a pantalla podía permanecer escura mentres o operador cambiaba a diapositiva.

Obras

Ilustracións fantásticas Figuras en Specula physico – mathematico – historica notabilium:

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas

Burns, Paul A historia do descubrimento da cinematografía Unha cronoloxía ilustrada de Luikerwaal: Oculus artificialis teledioptricus Prehistoria da fotografía

Kurze Vorstellung (PDF), S. 32 (2,66 MB)

Categoría:Matemáticos de Alemaña Categoría:Óptica Categoría:Fotografía