miniatura|240px|Boca en forma de pico de pato
A dos esócidos (Esocidae) é unha familia de peixes teleósteos dulciacuícolas, unha das dúas integradas na orde dos esociformes, que comprende actualmente un único xénero, Esox,Esocidae Rafinesque, 1815 no WoRMS. Consultado o 30 de xullo de 2022.Esocidae Rafinesque, 1815 na BioLib. Consultada o 30 de xullo de 2022. con sete especies coñecidas popularmente como lucios.
Taxonomía Descrición Familia A familia foi descrita en 1815 polo naturalista, meteorólogo e arqueólogo estadounidense de orixe franco-xermana-italiana Constantine Samuel Rafinesque, na súa obra Analyse de la Nature ou tableau de l'univers et des corps organisés, publicada en Palermo.
Xénero O xénero fora descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Esox Linnaeus, 1758 no WoRMS. Consultado o 30 de xullo de 2022.Esox Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 30 de xullo de 2022.
Etimoloxía O nome científico Esocidae está formado polos elementos Esoc- e -ĭdae. O primeiro é a raíz de esocis, xenitivo de esox, nome latino de Esox lucius, a especie tipo da familia, e o segundo é o sufixo do latín científico empregado para formar os nomes das familias de animais.Esocidae no Merriam-Webster Dictionary.
Especies Na actualidade recoéncense* no xénero as seguintes 7 especies: Esox americanus Gmelin, 1789 Esox aquitanicus Denys, Dettai, Persat, Hautecoeur & Keith, 2014 Esox cisalpinus Bianco & Delmastro, 2011 Esox lucius Linnaeus, 1758 Esox masquinongy Mitchill, 1824 Esox niger Lesueur, 1818 Esox reichertii Dybowski, 1869
Notas
Véxase tamén
Bibliografía Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World''. 4th ed. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 0-4712-5031-7.
Outros artigos Esociformes
Categoría:Esociformes