miniatura|260px|Esox americanus miniatura|260px|Esox cisalpinus miniatura|260px|Esox masquinongy miniatura|260px|Esox niger miniatura|260px|Esox reichertii miniatura|260px|Esox fósil

Esox é un xénero de peixes osteíctios da orde dos esociformes, que é o tipo da familia dos esócidos.

As súas especies coñécense con nome vulgar xenérico de lucios.

Taxonomía Descrición O xénero foi descrito en 1758 por Linneo na 10ª edición do seu Systema Naturae.Esox Linnaeus, 758 no WoRMS. Consultado o 31 de xullo de 3022.Esox Linnaeus, 1758 na BioLib. Consultada o 31 de xullo de 2022.

Etimoloxía O nome científico Esox é un termo do latín científico derivado do latín, e este do grego antigo isox, nome dun peixe, tirado dun nome céltico.Esox no Merriam-Webster Ditionary.

Sinónimos Ademais de polo nome actualmente válido, o xénero coñeceuse tamén polos sinónimos:

Segundo o GBIF:Esox Linnaeus, 1758 no GBIF. Consultado o 31 de xullo de 2022. Kenoza Jordan & Evermann, 1896 Luccius Rafinesque, 1810 Lucius Garsault, 1764 Lucius Geoffroy, 1767 Lucius Klein, 1776 Lucius Rafinesque, 1810 LuciusWalbaum, 1792 Mascalongus Jordan, 1878 Picorellus Rafinesque, 1820 Trematina Trautschold, 1884 Segundo o WoRMS: Luccius Rafinesque, 1810 (erro ortográfico) Lucius Garsault, 1764 Lucius Rafinesque, 1810 Lucius Klein, 1776 Trematina Trautschold, 1884

Especies Na actualidade, segundo o WoRMS, recoñécense no xénero as seguintes sete especies: Esox americanus Gmelin, 1789 Esox aquitanicus Denys, Dettai, Persat, Hautecoeur & Keith, 2014 Esox cisalpinus Bianco & Delmastro, 2011 Esox lucius Linnaeus, 1758 Esox masquinongy Mitchill, 1824 Esox niger Lesueur, 1818 Esox reichertii Dybowski, 1869

Historia As especies ancestrais de Esox estiveron presentes en Laurentia (que máis tarde se convertería en América do Norte) e en Eurasia desde o Paleóxeno. As especies modernas son orixinarias do paleártico e o neártico, abarcando América do Norte e desde a Europa occidental até Siberia no norte de Asia.Froese, Rainer & Daniel Pauly, eds. (2008): "Esocidae" en FishBase.

Características Os lucios teñen a forma alongada, semellante a un torpedo, típica dos peixes depredadores, con cabezas acabadas en punta e dentes afiados. A súa cor adoita ser gris-verdosa, xaspeada ou con raias ao longo das súas costas, que lles subministran camuflaxe entre as herbas submarinas, e cada patrón de cada lucio é único. Poden medrar até unha lonxitude máxima rexistrada de 1,83 m, alcanzando un peso máximo rexistrado de 35 kg.

O seu fociño é parecido ao dun pato. A aleta caudal e bifurcada; os raios das aletas caudais oscilan entren 40 e 50, xeralmente con 17 raios ramificados; sen espiñas. O corpo está cuberto por numerosos pequenas escamas cicloides. A súa liña lateral é completa. Presentan polo menos 8 poros na canle infraorbitaria. A columna vertebral está formada por de 43 a 67 vértebras.

Os lucios son depredadores voraces, alimentándose dunha gran variedade de peixes e outros vertebrados.

Notas

Véxase tamén

Bibliografía Joseph S. Nelson (2006): Fishes of the World. 4th ed. Hoboken, Nova Jersey: John Wiley & Sons. ISBN 0-4712-5031-7.

Ligazóns externas Esox Linnaeus 1758 en Fossilworks. Pike in Your Waters.

Categoría:Esociformes